Saltar ao contido

The Hunger Games: Catching Fire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Hunger Games: Catching Fire
James Newton Howard Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Título
The Hunger Games: Catching Fire (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Forma artística
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Formato de distribución
 Cor
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
Organizacións
 Compañía produtora
Economía
Custo130000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación865011746 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
27 de novembro de 2013 (Francia)
22 de novembro de 2013 (Estados Unidos de América, Canadá)
21 de novembro de 2013 (España, Hungría)
21 de novembro de 2013 (Alemaña)
11 de novembro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
Dimensións
Duración146 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
76/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
90% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024)
7.6/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF305451669 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0003-B31C-0000-A-0000-0000-7 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0n40qmp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1951264 Filmaffinity: 702482 Allocine: 196666 Rottentomatoes: m/the_hunger_games_catching_fire Mojo: catchingfire Allmovie: v546935 TCM: 2020944 Metacritic: movie/the-hunger-games-catching-fire TV.com: movies/the-hunger-games-catching-fire BNE: XX5830683 Netlix: 70278934 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Hunger Games: Catching Fire é un filme estadounidense de acción e ciencia ficción baseado na novela de Suzanne Collins, Catching Fire, a segunda parte da triloxía The Hunger Games. O filme da tetraloxía The Hunger Games é a secuela de Os xogos da fame, producida por Nina Jacobson e Jon Kilik e distribuída por Lionsgate no 2013. Francis Lawrence dirixiu o filme, cun guión de Simon Beaufoy e Michael Arndt. Ademais do elenco protagonista do anterior filme, incorpóranse Philip Seymour Hoffman, Jeffrey Wright, Sam Claflin, Lynn Cohen, Jena Malone, Amanda Plummer, Alan Ritchson e Meta Golding.

O argumento de Catching Fire ten lugar uns poucos meses despois do remate do primeiro filme. Katniss Everdeen volveu ó seu fogar despois de gañar os 74º Xogos da Fame Anuais, xunto co seu compañeiro Peeta Mellark. Ó longo da historia, Katniss decátase de que está a xurdir unha rebelión nos distritos contra o opresivo Capitolio. A rodaxe comezou o 10 de setembro de 2012 en Atlanta, Xeorxia, antes de trasladarse a Hawai.

The Hunger Games: Catching Fire foi estreado o 15 de novembro de 2013 no Brasil, o 20 de novembro en Finlandia, Suecia e Noruega, o 21 de nomvebro no Reino Unido, e o 22 de novembro nos Estados Unidos. Conseguiu ser o décimo filme con maior recadación de tódolos tempos [1] e o primeiro das carteleiras de 2013, sendo o primeiro filme en 2-D dende O cabaleiro escuro (2008) con máis recadación do seu ano, así como por ter unha protagonista feminina, cousa que non se producía dende O exorcista (1973). En todo o mundo, conseguiu $864 millóns.

Catching Fire recibiu boas críticas e está mellor considerado que o seu predecesor, e tamén foi destacada a interpretación de Lawrence como Katniss. Foi nomeado a numerosos premios, ós "Broadcast Film Critics Association" como Mellor filme de acción, e ós Premios Saturn como mellor filme de ciencia ficción. Pola súa interpretación, Lawrence foi nomeada por segunda vez ós Premios Empire como mellor actriz, así como ós Saturn e ós Broadcast Film Critics Association. A canción "Atlas" foi nomeada ós Premios Grammy e ós Globos de Ouro como Mellor canción orixinal.

A súa secuela, The Hunger Games: Mockingjay – Part 1, foi estreada o 21 de novembro de 2014 nos Estados Unidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]