Os Castros (Montoxo, Cedeira)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°39′23″N 7°58′36″O / 43.656348, -7.976598

Os Castros (Montoxo, Cedeira)
ParroquiaMontoxo
ConcelloCedeira
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15022011
Cronoloxía
Estado actualabandono
Extensión estimada0,3 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

Os Castros ou Castro de Alcaiás é un castro situado en Montoxo, Cedeira.

É un castro de cumio fortificado cunha soa liña defensiva e foxo. Ten forma circular duns 50 metros de diámetro e antecastro ao norte.

Atopáronse un puñal de entenas, un machado da Idade do Bronce, e un torque de ouro (Torque da Capelada). Segundo Federico Maciñeira foi descuberto por un labrego no ano 1919 ou 1920 no lugar coñecido como Chao do Agueiro, preto da Pena do Sol.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]