Conversa:Olivenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Não considero correcto mudar o nome de OLIVENÇA polo espanhol OLIVENZA. Da mesma forma, teríamos de mudar outros topónimos portugueses como VALENÇA DO MINHO - VALENZA/VALENCIA DO MIÑO ou BRAGANÇA - BRAGANZA.

Não faz qualquer sentido apenas polo facto de a Olivença ser administrativamente espanhola. Polo mesmo critério deveríamos pôr LA CORUÑA ou ORENSE por serem administrativamente espanholas.

Também polo mesmo criterio deveríamo-nos referir à região de EXTREMADURA e não ESTREMADURA. Sejamos coerentes.

Addo: --Gerardinho2000 09:26, 29 agosto 2006 (UTC)

Aplicação das normas sobre toponímia a Olivença[editar a fonte]

Consultando a informação sobre as normas de toponímia que poderiam ser aplicadas a Olivença (aqui), extracto o seguinte:

  • Toponimia dos concellos galegofalantes onde o galego non é oficial

Para preservar a toponimia tradicional dos concellos galegofalantes de Asturias e Castela-León, onde o galego carece de status de oficialidade, utilizarase a toponimia tradicional coa ortografía oficial da lingua galega. Nos concellos galegofalantes de Cáceres, polos séculos de separación destas falas do resto do territorio galegofalante, terán dobre denominación: o nome en galego normalizado xunto co nome tradicional da zona.

  • Toponimia de España

Nos títulos das páxinas úsase o nome galego xunto co nome oficial segundo a lexislación oficial. Pode consultarse no Ministerio de Administracións Públicas (...). -Cidades con nomes cooficias: Alicante - Alacant , Castellón - Castelló, Valencia - València escríbese o título da páxina incluíndo os dous nomes separados por un guión e deixando un espacio antes e despois do guión, e precedidos do nome galego, exemplo: Alacante - Alicante - Alacant (...)

  • Toponimia de Outros Países do Mundo

Tanto en nome de cidades como de países (en caso de existir) utilízase o mesmo criterio que nas ciudades con nomes cooficiais. Exemplos: Portugal o título da páxina inclúe un so termo porque Portugal sería o nome do país en Portugal e en Galicia, en cambio Suecia - Sverige, Suecia inclúe os nomes en galego e en sueco. Créase unha páxina chamada Suecia que se redirixe a Suecia - Sverige. Na parte superior da páxina indícase o nome do país en alomenos catro idiomas que son: galego, idioma orixinal, e calquera outros dous (...)

Atendendo a estas normas, e consultando ademais a lista de concelhos portugueses (aqui), onde se mantém a ortografia portuguesa, concluo NÃO HAVER QUALQUER RAZÃO PARA O TÍTULO DO ARTIGO TER SIDO REDIRECCIONADO DE OLIVENÇA PARA OLIVENZA.

  • Non pode ser Olivença xa que o "Ç" non existe en galego. En todo caso sería Olivenza - Olivença. Saudiños. --Norrin_strange (Talk) 10:08, 29 agosto 2006 (UTC)

E realmente unha cidade portuguesa?, estades indo contra a politica de neutralidade ó manter a afirmacion dunha das partes en litixio (a portuguesa) sen ter en conta que na actualidade esta integrada en españa e que portugal non a reclama activamente, cando menos o status e incerto e deberiase modificar a redacion do artigo.--213.60.67.123 11:16, 30 agosto 2006 (UTC) SEria como poñer que Xibraltar e territorio español ocupado polo Reino Unido sen dar mais referencias (perdon polos erros, estou nun ciber)--213.60.67.123 11:19, 30 agosto 2006 (UTC)

  • As peculiaridades que presenta esta vila son case irrepetibles. En territorio portugués, pero española (na Guerra das Laranxas, 20 de maio - 6 de xuño de 1801, Portugal pediu a paz e cedeu a España a praza de Olivença. Olivença -creo- é o topónimo tradicional). É doado ferir sensibilidades nun e noutro lado da fronteira, polo que, facendo unha excepción, gustaríame propoñer -non me atrevo a propoñelo sen antes escoitarvos- a dobre toponimia (español-portugués) para este caso. O meu parecer é que non compensa andar con estas lerias ante algo que case é insólito. --Lmbuga Commons - Galipedia 13:29, 30 agosto 2006 (UTC)
  • As regras da toponimia din que no caso de non existir nome galego úsase o nome propio da localidade, no caso de que fose portuguesa o título sería Olivença pero trátase dunha localidade da provincia de Badaxoz polo tanto debe ser Olivenza. O artigo é unha tradución do principio do artigo da Wikipedia en portugués e alí hai unha disputa con respecto a ese territorio, semella a típica disputa na Wikipedia cando alguén quere saltarse o Punto de Vista Neutral posto que a redacción atenta claramente contra a neutralidade. Nós non somos quen de reinterpretar a realidade e se aceptamos esa solución para este caso axiña teríamos que aplicalo noutros. Non digo que algún día non poda aparecer unha excepción pero non parece que sexa este o caso. En resumo as normas de toponimia din que debe ser Olivenza. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:32, 30 agosto 2006 (UTC)
  • Inda que son escasas as aportacións que se deron dende a última que escribín, axudáronme a ter máis clara a postura que creo que se debía tomar. Penso agora que non debemos tomar partido, que debemos manter un punto de vista neutral e que manter un punto de vista neutral pasa por aceptar as fronteiras que hai entre os países e reflectir a realidade, cousa que toda boa enciclopedia debe facer.

Escribir como título calquera cousa diferente a Olivenza seméllame agora falsear a realidade. É territorio español e punto. Outra cousa é que se deba facer un apartado sobre a historia do lugar ou indicar que existe topónimo portugués e expresar o motivo polo que existe. Outra cousa é reflectir as peculiaridades do lugar no artigo, pero a realidade é a que é e, se non reflectimos a realidade non mantemos un punto de vista neutral. As normas de toponimia din que debe ser Olivenza e, dende o meu xuízo, manter un punto de vista neutral non permite outra alternativa. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:57, 30 agosto 2006 (UTC)



  • Non pode ser Olivença xa que o "Ç" non existe en galego. En todo caso sería Olivenza - Olivença. Saudiños. --> O argumento cae polo seu propio peso, xa que na Galipedia aparecen Monção ou Valença do Minho (Monzón? Valenza/Valencia do Miño?).

Eu non sei en qué idioma falan en Olivenza, pero o que si sei é que a ONU recoñécea como territorio español, e haberá que basearse neso para facer un artigo cando dous países non están de acordo nestes casos. Por outra parte un artigo non debería ser tan distinto na Wikipedia portuguesa e na española, pero eles que fagan o que queiran. Nós deberíamos ser neutráis e atender ó que din ás organizacións internacionais, nos guste máis ou menos. E con respecto ó "ç" ponse só cando aparece no idioma local, e o idioma oficial en Olivenza non é o portugués, feliz ou tristemente. Cando o sexa porase o "ç"--OscardePonte 11:49, 16 outubro 2006 (UTC) O idioma local é o português oliventino. A forma local, OLIVENÇA. --Ibérico 12:04, 8 xullo 2007 (UTC)

  • Pasei por Olivenza este verán e tan só dicir que só os maiores de 70 anos falan o portugués, non vin un só neno falando portugués, nin sequera unha persoa nova. Unha pena que se perda a súa lingua pero a pesar da Junta de Extremadura potenciar as clases de portugués na rexión contraditoriamente faise todo o posible por que alí onde era lingua común non se recupere, non hai nada en portugués na vila, agás algún cartel esporádico dalgunha asociación cultural, ben é certo que se escoitan as emisoras de radio e as estacións de tv portuguesas pero iso non inflúe en que se recupere o portugués, supoño que influíra máis que todo o ensino é en castelán agás as clases de portugués (voluntarias), claro que eu só estiven uns días alí. Pero que sexa Olivença ou Olivenza non ten que ver con pertencer a España, senón a que a forma oficial é Olivenza, a Junta de Extremadura só recoñece os topónimos en español ou castelanizados como se queira.--Acerto 19:44, 3 maio 2007 (UTC)