Oficina Nacional de Impresión (Xapón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 35°40′7.68″N 139°44′42.36″L / 35.6688000, -139.7451000

Oficina Nacional de Impresión
–国立印刷局–
Kokuritsu Insatsu-kyoku
National Printing Bureau logo.svg
Misakemachi - panoramio (2).jpg
Sede central en Minato, Toquio, da
Oficina Nacional de Impresión


TipoOrganismo público autónomo.
Fundación1871: Oficina de Papel Moeda.
2003: Oficina Nacional de Impresión.
MatrizGoberno do Xapón.
LocalizaciónFlag of Minato, Tokyo.svg Minato
Flag of Tokyo Metropolis.svg Toquio
Flag of Japan.svg Xapón
Persoas claveHiroshi Kishimoto (presidente).[1]
IndustriaImpresión de seguridade.
Produtosbilletes, selos, etc.
Número de empregados4.205 (abril 2020).[2]
Páxina webSitio web
editar datos en Wikidata ]

A Oficina Nacional de Impresión (en xaponés: 国立印刷局, Kokuritsu Insatsu-kyoku –NPB–) é un organismo autónomo de titularidade pública dependente do Goberno xaponés, responsable da produción do papel moeda circulante no Xapón, así como doutros produtos como os selos postais e o boletín oficial do Estado xaponés.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O 27 de xullo de 1871 creouse a Oficina de Papel Moeda (紙幣司, shiheishi) baixo a administración do Ministerio de Facenda. No entanto, a fabricación de billetes encargóuselle aos Estados Unidos, xa que naquel momento o Xapón carecía das instalacións e dos equipamentos necesarios para a produción nacional. A misión da Oficina de Papel Moeda limitábase, xa que logo, ao control dos bancos privados do país e á xestión das emisións e do cambio de billetes.[4]

En xaneiro de 1872 a Oficina de Papel Moeda asumiu a encomenda da fabricación de billetes, así como da produción do papel e diversos labores de impresión, entre os que cómpre salientar a produción de selos postais, títulos financeiros, pasaportes e impresión tipográfica. O primeiro billete xaponés producido pola Oficina de Papel Moeda foi o dun ien datado o 15 de outubro de 1877.[4]

O 1 de xaneiro de 1898, a Oficina de Papel Moeda fusionouse coa Oficina da Gaceta Oficial e, como resultado, adquiriu tamén a misión de imprimir o boletín oficial, a partir do 2 de xullo dese mesmo ano.[4]

En abril de 2003, a Oficina Nacional de Impresión adquiriu a condición de organismo autónomo de titularidade pública.[4]

Organización[editar | editar a fonte]

Billetes xaponeses producidos pola Oficina Nacional de Impresión.

A Oficina Nacional de Impresión componse dunha sede central, un instituto de investigación, un servizo de publicacións gobernamentais e varias plantas de produción.[5]

Sede principal[editar | editar a fonte]

A oficina central, en Minato, Toquio, ocúpase da planificación estratéxica, a avaliación e a auditoría, os produtos de seguridade e informáticos; a investigación e o desenvolvemento, e outros asuntos xerais como os departamentos de recursos humanos, e de finanzas e contabilidade.[5]

Plantas[editar | editar a fonte]

Pasaporte xaponés, producido pola Oficina Nacional de Impresión.[6]

A Oficina Nacional de Impresión ten varias plantas de produción. A establecida en Toranomon é a responsable da impresión do boletín oficial e doutras publicacións gobernamentais. Na de Takinogawa fabrícase o papel moeda, títulos financeiros, bonos públicos e papel timbrado, e nas de Odawara, Shizuoka e Hikone tamén se producen billetes. Na planta de Ōji imprímense os selos postais. Pola súa banda, nas plantas de Odawara e de Okayama prodúcese o papel.[5]

Actividades ambientais[editar | editar a fonte]

A política ambiental da Oficina Nacional de Impresión é "realizar actividades comerciais en harmonía co ambiente". Cinco das súas plantas xa acadaron a certificación ISO 14001: Takinogawa en 2002, Odawara en 2004, Hikone en 2006, Okayama en 2007 e Shizuoka en 2009.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bureau Overview: Representative". National Printing Bureau.
  2. "Bureau Overview: Personnel". National Printing Bureau.
  3. "Bureau Overview". National Printing Bureau.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "History". National Printing Bureau.
  5. 5,0 5,1 5,2 "Organization". National Printing Bureau.
  6. "Products Rerquiring Anti-Counterfeiting Technology: Passports". National Printing Bureau.
  7. "Environmental Policy of the National Printing Bureau". National Printing Bureau.
  8. "Adquisition of ISO14001 Certification". National Printing Bureau.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]