Iníidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Iniidae")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iníidos
Iniidae

Rango fósil: oligoceno - actualidade
Inia geoffrensis
Inia geoffrensis

Comparación co tamaño dun humano
Comparación co tamaño dun humano

Estado de conservación
DD: datos insuficientes [1][2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Inioidea
de Muizon, 1988 [3]
Familia: Iniidae
Gray, 1846 [4][5]
Xénero: Inia
d'Orbigny, 1834 [6]
Especie: I. geoffrensis
Nome binomial
Inia geoffrensis
(Blainville, 1817) [7][8]
Distribución de Inia geoffrensis

Distribución de Inia geoffrensis
Subespecies
  • I. g. boliviensis d'Orbigny, 1834
  • I. g. geoffrensis (Blainville, 1817)
  • I. g. humboldtiana Pilleri et Gihr, 1978
Sinonimia
Referencia:[8]
  • Delphinus frontatus G. Cuvier, 1823
  • Delphinus geoffrensis Blainville, 1817
Debuxo de Inia geoffrensis de 1833.

Os iníidos (Iniidae) son unha familia de cetáceos odontocetos, da superfamilia dos inioideos (Inioidea), que inclúe un só xénero cunha única especie de golfiño de auga doce, Inia geoffrensis,[9] propia das cuncas dos ríos Amazonas e Orinoco, polo que na bibliografía internacional se coñece como golfiño do Amazons ou golfiño rosado (este último nome debido á súa coloración), entre outros, como boto.

No mioceno, a Amazonia estivo cuberta de auga de mar intermitentemente. Este golfiño descendería de antepasados que poboaban o océano no mioceno e que entraron no Amazonas e que, despois, evolucionarían para adaptarse á auga doce cando o mar se retirou. Non existe consenso de cando e como penetraron estes golfiños na conca amazónica; é posíbel que o fixeran hai máis de 15 millóns de anos desde o océano Pacífico, antes da formación dos Andes ou, máis recentemente, desde o océano Atlántico.[10]

Características[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Inia geoffrensis.

Inia geoffrensis é o golfiño de río máis grande; o peso dos machos adultos chega aos 185 kg e poden medir até 2,5 m. Como carácter distintivo, os adultos adquiren unha cor rosada, máis acentuada nos machos. É un dos cetáceos con dimorfismo sexual máis evidente, xa que os machos miden e pesan entre un 16 % e un 55 % más do que as femias.

Como os outros odontocetos posúe un órgano chamado melón que utiliza para a ecolocación. A aleta dorsal ten pouca altura, pero é moi longa, e as aletas pectorais son grandes; esta característica, xunto ao seu mediano tamaño e á falta de fusión das vértebras cervicais, lle confiren unha gran capacidade de manobra para desprazarse polos bosques inundados para capturar as súas presas.

Ten a dieta máis ampla entre os odontocetos. Aliméntase principalmente de peixes, dos que se identificaron 53 especies diferentes, e entre os que se encontran esciénidos, cíclidos e pirañas (caraciformes). Complementa a súa dieta con tartarugas de río e cangrexos.

Habita no curso dos principais afluentes do ríos Amazonas e Orinoco, por debaixo dos 400 me sobre o nivel do mar. Na temporada de chuvias desprázase ás zonas inundadas da selva, onde existe unha oferta maior de alimento.

En 2008 clasificouse na Lista vermella da UICN como especie con datos insuficientes, debido á incerteza con respecto á cifra total da poboación, a tendencia de variación e o impacto das ameazas, clasificación que se mantén a día de hoxe (2013. Non foi obxecto de caza significativa pero, nas últimas décadas, convertéronse en ameazas principais a perda do hábitat e as capturas accidentais con artes a aparellos de pesca.

Polo seu rechamante tinte rosado é unha das especies de odontoceto mantida en cativerio en varios acuarios do mundo, principalmente en Estados Unidos, Venezuela e Europa. Porén, é unha especie difícil de adestrar e cunha mortaldade alta en catividade.

Taxonomía controvertida[editar | editar a fonte]

Superfamilia[editar | editar a fonte]

A superfamilia foi fundada en 1988 por de Muizon, e considerada monofilética por Geisler et al. en 2011.[3]

Algúns autores consideran que a superfamilia comprende tan só a familia dos Iniidae, que albergaría tres xéneros: Inia, Lipotes e Pontoporia, polo que consideran como sinónimos de Iniidae a Lipotidae e Pontoporiidae (e mesmo Stenodelphinidae), mentres que outros consideran cada un dos xéneros como integrantes de familias monoespecíficas, reunidas a primeira e a última das tres citadas na superfamilia dos Inoidea e clasificando a Lipotidae noutra subfmalilia ondependente, a dos Lipotoidea. Así, vemos que Wilson & Reeder, en Mammal Species of the World, presentan esta clasificación:[11]

Aquí consideraremos, de acordo coa maioría dos autores, a superfamilia dos Inioidea dividida en dúas familias, coas seguintes especies:

Familia[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita por John Edward Gray en 1846,[4] e considerada monofilética por Gill en 1873.[12]

Nas modernas clasificacións dos odontocetos inclúen na familia un só xénero vivente, Inia, con unha especie e tres subespecies (ou dúas especies, segundo os autores que elevan unha das subespecies á categoría de especie).[6]

Tamén comprende tres xéneros extintos, con fósiles encontrados en Sudamérica, Florida, Libia e Italia.

Clasificación da familia (incluíndo os xéneros extintos)[editar | editar a fonte]
Inia geoffrensis boliviensis nadando en Rurrenabaque, departamento del Beni, Bolivia.
Golfiño do Amazonas coa boca aberta, nun acuario.
Golfiño rosado no zoo de Duisburgo, Alemaña.
  • Familia Iniidae
    • Xénero † Goniodelphis
      • G. hudsoni
    • Xénero Inia
      • Inia geoffrensis
        • I. g. geoffrensis
        • I. g. boliviensis
        • I. g. humboldtiana
    • Xénero † Ischyrorhynchus (sin. Anisodelphis)
      • I. vanbenedeni (sin. Anisodelphis brevirostratus)
    • Xénero † Saurocetes (sin. Saurodelphis, Pontoplanodes)
      • S. argentinus (sin. Pontoplanodes obliquus)
      • S. gigas

Porén, cómpre sinalar que algúns autores consideran a subespecie Inia geoffrensis boliviensis como especie independente, Inia boliviensis d'Orbigny, 1834.[6] .[13]

A especie[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1817 polo naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville como Delphinus geoffrensis na honra do seu colega Étienne Geoffroy Saint-Hilaire.

Posteriormente sería reclasificada dentro do xénero Inia, que fundara Alcide d'Orbigny en 1834, en Nouv. Ann. Mus. Hist. Nat. Paris, 3: 31.[14]

Na máis recente clasificación dos cetáceos (1998) Inia geoffrensis aparece como única especie do xénero, con tres subespecies recoñecidas.[15] A maioría da comunidade científica acepta esta clasificación como especie única, como o fan, entre outros, a UICN,[1] o SIIT,[8] o ou o WoRMS.[16]

Pero en 2012 a Sociedade para a Mastozooloxía Mariña (Society for Marine Mammalogy) considerou as subespecies boliviana (Inia geoffrensis boliviensis) e a amazónica (Inia geoffrensis geoffrensis) como especies independentes, Inia boliviensis e Inia geoffrensis, respectivamente.[13]

Clasificación maioritariamente aceptada
  • Xénero Inia
    • Especie Inia geoffrensis – golfiño do Amazonas
      • Subespecie I. g. geoffrensis
      • Subespecie I. g. boliviensis
      • Subespecie I. g. humboldtiana
Clasificación alternativa [13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Reeves, R.R., Jefferson, T.A., Karczmarski, L., Laidre, K., O’Corry-Crowe, G., Rojas-Bracho, L., Secchi, E.R., Slooten, E., Smith, B.D., Wang, J.Y. & Zhou, K. (2011): Inia geoffrensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN 2013.1.
  2. Reeves, R.R., Jefferson, T.A., Karczmarski, L., Laidre, K., O’Corry-Crowe, G., Rojas-Bracho, L., Secchi, E.R., Slooten, E., Smith, B.D., Wang, J.Y. & Zhou, K. (2011). "Inia geoffrensis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 18 January 2013.  Database entry includes a lengthy justification of why this species is data-deficient.
  3. 3,0 3,1 Inioidea en Palbiology Database. (en inglés)
  4. 4,0 4,1 Iniiidae en WoRMS.
  5. Gray, J. E. (1846): Zool. Voy. H.M.S. "Erebus" and "Terror", 1: 25. Iniidae en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  6. 6,0 6,1 6,2 Inia en WoRMS.
  7. Inia geoffrensis en WoRMS.
  8. 8,0 8,1 8,2 Inia geoffrensis (Blainville, 1817)(en inglés) no SIIT.
  9. Inia geoffrensis (de Blainville, 1817) en WoRMS
  10. Bebej, Ryan (2008): Inia geoffrensis ADW — University of Michigan Museum of Zoology. Inia geoffrensis en ADW
  11. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  12. Iniidae en Palobiology Database.
  13. 13,0 13,1 13,2 [1] Committee on Taxonomy. 2012. List of marine mammal species and subspecies. Society for Marine Mammalogy, www.marinemammalscience.org, consulted on May, 6 2012.
  14. Inia en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
  15. Rice, D. W. (1998): Marine mammals of the world: systematics and distribution. Society of Marine Mammalogy Special Publication Number 4, p. 231.
  16. Inia geoffrensis (de Blainville), 1817 en WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]