O pequeno mago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O pequeno mago
Ficha técnica
Título orixinalEl pequeño mago
DirectorRoque Cameselle
ProdutorAlberto Cameselle
GuiónRoque Cameselle
Baseado enBieito Dubidoso de Roque Cameselle
MúsicaMarc Timón, Miguel Cordeiro
EstudioDeboura Cinema
EstreaEspaña 27 de setembro de 2013
Duración80 minutos
OrixeEspaña España
XéneroFantasía, Animación, Aventura
Na rede
IMDB: tt2846622 Filmaffinity: 923659 Rottentomatoes: m/el_pequeno_mago Allmovie: v591922 Editar o valor em Wikidata

O pequeno mago é un filme de animación de aventura e fantasía creado por Deboura Cinema, dirixido por Roque Cameselle e producido por Alberto Cameselle. O pequeno mago está baseada na novela de Roque Cameselle, Bieito Dubidoso. A historia é narrada pola poetisa Yolanda Castaño.

Gañou o premio a Mellor Banda Sonora de Longametraxe nos Premios Jerry Goldsmith. Presentouse no 61 Festival Internacional de Cine de San Sebastián, no Festival de Cine Europeo de Sevilla 2013 (incluída na sección competitiva Europa Junior) e na Semana de Cine Fantástico e Terror de San Sebastián.

A produción é axudada por empresas como CRTVG, emon ou IGAPE.[1] Foi estreada nos cines de España con versión en galego en Galicia o 15 de novembro de 2013. A versión orixinal é en castelán, que foi realizada case na súa totalidade por actores de Galicia no estudio Soundub de Santiago de Compostela (quitando a Nacho Aramburu e Catherina Martínez, que gravaron os seus personaxes en Madrid), e dirixidos por Alicia Taboada. O repartimento da dobraxe galega é maiormente distinto. A versión en galego correu a cargo de SDI Media.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

O pequeno mago conta as aventuras de Bieito Dubidoso, quen en compañía da súa amiga Destreza comenza unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Juan Dueño e señor da cidade de Tui.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Xogos[editar | editar a fonte]

Para publicitar o filme fixéronse xogos para teléfonos intelixentes de Apple e Android gratuítos como: "El pequeño mago" (plataformas) e versións de xogos como "Conecta 3" , "Mahjong" ou "Memoriza".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Pequeño MAgo". sitio oficial (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  2. "O pequeno mago". Wiki A dobraxe en galego. Consultado o 2022-06-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]