Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana | |
---|---|
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 1979 |
País | Cuba |
23°08′12″N 82°21′32″O / 23.1367, -82.3589 | |
Na rede | |
http://www.habanafilmfestival.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano da Habana (en castelán: Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana) inaugurouse o 3 de decembro de 1979. Para a primeira edición convocáronse máis de 600 cineastas latinoamericanos, convocados pola ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos). O premio entregado polo festival é o Gran Premio Coral, símbolo tomado dos grandes arrecifes de coral que poboan o mar Caribe.
A sona do festival recae na súa intención de servir de plataforma a aquelas producións que sofren do anonimato internacional (en primeira instancia, pola produción industrial de Hollywood) e de ser un dos festivais máis importantes do cinema latinoamericano.
Gran Premio Coral - Primeiro Premio
[editar | editar a fonte]- 2010: La vida útil (o Uruguai).
- 2009: La teta asustada (o Perú).
- 2008: Tony Manero (Chile e o Brasil).
- 2007: Luz silenciosa (México).
- 2006: O Céu de Suely (o Brasil).
- 2005: Iluminados por el fuego (a Arxentina).
- 2004: Whisky (o Uruguai).
- 2003: Suite Habana (Cuba, documental).
- 2002: Ciudad de Dios (Brasil) e Tan de repente (Arxentina).
- 2001: La Ciénaga (Arxentina).
- 2000: Eu Tu Eles (Brasil).
- 1999: Garage Olimpo (Arxentina).
- 1998: La vida es silbar (Cuba).
- 1997: Martín (Hache) (Arxentina e España).
- 1996: Profundo carmesí (México).
- 1995: El callejón de los milagros (México).
- 1994: Principio y fin (México).
- 1993: Fresa y chocolate (Cuba-España-México).