The little Wizard. O mago Dubidoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Little Wizard. O mago Dubidoso.
Ficha técnica
Director Roque Cameselle
Produtor Alberto Cameselle
Guión Roque Cameselle
Montaxe Fernando Pardo
Estrea 2011
Duración 80 min.
Orixe Galicia Galicia
Xénero Animación

The Little Wizard. O mago Dubidoso é unha longametraxe de debuxos animados producida por Deboura Cinema estreada no ano 2011. Elaborada segundo o sistema tradicional de animación 2D (debuxo a debuxo) está escrita e dirixida por Roque Cameselle. Rodada en galego, o seu argumento está baseado na novela de inspiración histórica Bieito Dubidoso, escrita tamén por Roque Cameselle, e publicada por Edicións Xerais no 2003.

A película presentouse no 33º Festival Internacional de Novo Cine Latinoamericano que se celebra na Habana (Cuba).

Foi candidata á "Mellor Película de Animación" nos Premios Goya 2012

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ambientada na Galicia medieval, a historia principia cando uns piratas normandos asaltan o barco de Pedro Cabaledo, atracado no peirao da súa casa. Mediante a maxia, o seu fillo Bieito Dubidoso, de nove anos de idade, consegue que os guerreiros fuxan espavorecidos. Por mor dista fazaña, a súa sona traspasa os muros da casa, coñece a Destreza- quen se converte na súa inseparable compañeira-, e gaña a admiración dos veciños. Mais o bispo Xoán, dono e señor da cidade, non lle perdoará facelo pasar a el por covarde diante dos seus vasalos.

Este enfrontamento entre o poderoso clérigo e o neno mago é o tronco de onde nacerán todas as historias contadas na película.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Bieito Dubidoso[editar | editar a fonte]

É o protagonista. Nace en Tui, cidade equidistante entre Braga e Santiago de Compostela, onde tiñan a súa sé os poderes eclesiásticos, moitas veces en conflito. Desde pequeno, a súa portentosa habilidade cos xogos de maxia, e o seu carácter tranquilo, propiciarán o seu achegamento aos personaxes históricos súa época.

A súa vida, acabalo entre o século XI e XII, transcorre durante o período de florecemento político e cultural máis sobresaínte de Galicia. Ao mesmo tempo, coincide co auxe das grandes peregrinacións a Santiago de Compostela.

Destreza[editar | editar a fonte]

É a mellor amiga de Dubidoso. O mago libéraa dos piratas normandos que a tiñan secuestrada. Desde ese momento, Destreza convértese na súa compañeira inseparable de xogos e aventuras, de desgrazas e felicidades.

Pedro Cabaledo[editar | editar a fonte]

É o pai de Bieito Dubidoso. Comerciante en xílgaros e viños, posuidor de riquezas, posúe os privilexios da nobreza malia non pertencer a ela. Ve a súa vida turbada ao caer nas redes tendidas polo inimigo do seu fillo, o bispo Xoán, señor e amo omnipotente da vila.

A nai de Bieito Dubidoso[editar | editar a fonte]

A esposa de Pedro Cabaledo dedícase á administración da casa grande que posúen xunto ao río Miño. O que a diferenza da común das mulleres non é a riqueza, se non que é capaz de ler en arameo. Descúbreo un día por azar, cando follea un libro que lle obsequia un mercador cliente do seu home.

Señor Xoán[editar | editar a fonte]

Personaxe histórico, aínda que non fielmente retratado, de beleza extraordinaria, tan extraordinaria como a súa ambición. O malo da película, ve en Dubidoso o espello onde se reflicte unha conduta que prefire ignorar, pois lle recorda o que non é, nin nunca vai poder ser. Intelixente, arteiro e sen escrúpulos, non dubidará en utilizar calquera medio para defender os seus intereses, calquera arma para prexudicar a Dubidoso.

Sara Homedouro[editar | editar a fonte]

Sara Homedouro, filla única dun xudeu viúvo, comerciante en cartos, prestamista do Bispo, e que foi educada polo pai como un home: na sabedoría das linguas e o coñecemento dos libros en árabe, latín e grego. Desas lecturas conseguiu unha cultura que salienta entre a dos seus veciños. Isto facilítalle que cando Pedro Cabaledo procure un preceptor para o seu fillo, ela sexa admítida para o traballo.

Perdiz[editar | editar a fonte]

O fiel criado da casa de Cabaledo. É un home de tan poucas palabras que ata parece mudo. As penas e as alegrías da familia son as súas propias, e nunca dubida de parte de quen ten que estar.

Jaztabel[editar | editar a fonte]

O frade Jaztabel vive en Tui desde a invasión dos normandos. Parece que a súa conversión tivo que ver máis coa conveniencia que coa convicción. Intérprete de linguas estranxeiras e norteñas; no encontro cos seus paisanos demostra a súa covardía e a súa lealdade rotatoria como a dun catavento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]