Geraldine Chaplin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Geraldine Chaplin
Geraldine Chaplin 2014 (cropped).jpg
Nacemento 31 de xullo de 1944
Lugar Santa Monica (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América, Reino Unido e España
Cónxuxe(s) Patricio Castilla
Fillos Oona Chaplin
Profesión actor, bailarín, guionista, actor de cinema e actor de televisión
editar datos en Wikidata ]

Geraldine Leigh Chaplin, nada en Santa Monica (California) o 31 de xullo de 1944, é unha actriz británica que posúe tamén as cidadanías estadounidense e española, cunha ampla traxectoria cinematográfica recoñecida internacionalmente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dun dos máis importantes cineastas da historia, Charles Chaplin e da súa última dona, Oona O'Neill —filla do dramaturgo Eugene O'Neill (Premio Nobel de Literatura e Premio Pulitzer) e da escritora Agnes Boulton—, naceu nos Estados Unidos en 1944.

Aos oito anos a súa familia emigrou á localidade suíza de Vevey (Vaud).[1] En 1961 trasládase a Inglaterra, incorporándose ao Royal Ballet School de Londres. Converteuse en bailarina e exerceu de modelo e mesmo de pallaso no circo Medrano de París.[2]

En 1963 representou o papel de Cincenta no Teatro dos Campos Elíseos, que xunto á súa actuación n'A loba, dirixida por Mike Nichols en 1968, son as súas únicas incursións teatrais.

No cinema apareceu de cativa xunto aos seus irmáns no filme de Chaplin Limelight. En 1964 protagonizou xunto a Jean-Paul Belmondo Par un beau matin d'été e un ano despois triunfou co seu papel principal en Doutor Zhivago, de David Lean. A rodaxe significa o principio do seu arraigamento en España.[3]

Chaplin no Gambrinus de Nápoles.

O seu encontro co director Carlos Saura, a quen ficou ligada profesional e sentimentalmente até 1979, resulta decisivo no desenvolvemento da súa carreira cinematográfica. Rodaron xuntos nove filmes que se inscriben na corrente do novo cinema español contrario aos convencionalismos da época. Salientan Peppermint frappé, Ana y los lobos, Cría cuervos, Elisa, vida mía e Mamá cumple cien años.[4][5]

Nesa etapa continuou traballando no estranxeiro: The Three Musketeers, Noroît, Remember My Name etc.

Até 1998, ano do seu regreso ás pantallas españolas co filme galego Fisterra, onde termina o mundo, dirixido por Xavier Villaverde, Geraldine Chaplin prodígase no cine inglés, francés, suízo e estadounidense, traballando ás ordes de Robert Altman, Alan Rudolph, Alain Resnais, Martin Scorsese e Daniel Schmid, entre outros. Das películas desta longa etapa, salientan The Mirror Crack'd, xunto a Angela Lansbury, Elizabeth Taylor e outros astros de Hollywood; A idade da inocencia, xunto a Daniel Day-Lewis, Winona Ryder e Michelle Pfeiffer e a biográfica Chaplin, de Richard Attenborough, na que interpreta a súa propia avoa.[6]

En 2002 colabora con Pedro Almodóvar en Hable con ella, ademais de obter o Premio Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo en En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández, onde volve coincidir con Fernando Fernán Gómez.[7]

En 2005 interpreta a pérfida Señorita Rottenmeier nunha nova versión da coñecida novela Heidi. En 2007 destaca o seu papel de médium no filme de terror El orfanato, de Juan Antonio Bayona, que lle vale unha segunda candidatura ao Goya.[8]

En 2006 recibe a Medalla de Ouro da Academia do Cinema de España en recoñecemento á súa traxectoria.[9][10]

Repite con Juan Antonio Bayona en dous filmes máis: The Impossible e en 2016 en A Monster Calls. Tamén deu voz a unha das personaxes no filme de animación galego O Apóstolo.

Está unida desde 1979 ao director de fotografía chileno Patricio Castela. Ten dous fillos, Shane Saura e a tamén actriz Oona Chaplin.

Filmografía selecta[editar | editar a fonte]

Chaplin na presentación de El orfanato en Madrid en 2007.
Ano Filme Papel Director, País, Notas
1952 Limelight Little Girl in Opening Scene (sen acreditar) Director: Charles Chaplin
País: Estados Unidos
1965 Par un beau matin d'été Zelda Director: Jacques Deray
Países: Francia - España - Italia
Doutor Zhivago Tonya Gromeko Director: David Lean; Países: Estados Unidos - Italia - Reino Unido
Candidata ao Globo de Ouro como Nova Estrela do Ano - Actriz
1966 Andremo in città Lenka Director: Nelo Risi; Países: Italia - Iugoslavia
1967 A Countess from Hong Kong Rapaza no baile Director: Charlie Chaplin; País: Reino Unido
Casino Royale Keystone Kop (sen acreditar) Directores: Ken Hughes, John Huston, Joseph McGrath, Robert Parrish, Richard Talmadge
Países: Reino Unido - Estados Unidos
J'ai tué Raspoutine Mounia Golovine Director: Robert Hossein
Países: Francia - Italia
Stranger in the House Angela Sawyer Director: Pierre Rouve; País: Reino Unido
Peppermint Frappé Elena/Ana Director: Carlos Saura; País: España
1968 Stress-es tres-tres Teresa Director: Carlos Saura
País: España
1969 La madriguera Teresa Director: Carlos Saura; País: España
G. Chaplin tamén coescribiu o guión e contribuíu ao argumento. O filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín
1970 The Hawaiians Purity Hoxworth Director: Tom Gries; País: Estados Unidos
El jardín de las delicias Actriz (sen acreditar) Director: Carlos Saura
País: España
1971 Sur un arbre perché Mme Muller (como Géraldine Chaplin)
Carlos Lisa
1972 Innocent Bystanders Miriam Loman
Z.P.G. Carol McNeil Mellor actriz no Festival de Sitges
A House Without Boundaries Actriz Participante no Festival Internacional de Cinema de Berlín
1973 Ana y los lobos Ana Director: Carlos Saura
The Three Musketeers Ana de Austria Director: Richard Lester
Marriage a la Mode Actriz
Yankee Dudler Kate Elder
1974 Os catro mosqueteiros Ana de Austria Director: Richard Lester
¿...Y el prójimo? Luisa
Sommerfuglene Anne Zimmler
1975 Cría cuervos Ana The Mother Director: Carlos Saura
Mellor actriz nos Premios ACE
Nashville Opal Director: Robert Altman
Candidata ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria
1976 Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History Lesson Annie Oakley Director: Robert Altman
Welcome to L.A. Karen Hood Director: Alan Rudolph
Candidata ao BAFTA como mellor actriz secundaria
Scrim Actriz
Noroît Morag Director: Jacques Rivette; episodio dunha serie prevista en catro partes: "Scènes de la vie parallèle"
1977 Roseland Marilyn Director: James Ivory
Elisa, vida mía Elisa Santamaría/Nai de Elisa Director: Carlos Saura
In Memoriam Paulina Arevalo Director: Enrique Brasó
1978 Remember My Name Emily Director: Alan Rudolph
Mellor actriz no Festival de Miami e no Festival de París
A Wedding Rita Billingsley Director: Robert Altman
One Page of Love Lise
Blindfolded Eyes Actriz Director: Carlos Saura
1979 L'Adoption Catherine Director: Marc Grunebaum; País: Francia
Mama Turns 100 Ana Director: Carlos Saura
La viuda de Montiel Adelaida O filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín
Mais où et donc Ornicar Isabelle Director: Bertrand Van Effenterre
1980 Le Voyage en douce Lucie O filme participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín
The Mirror Crack'd Ella Zielinsky
1981 Les Uns et les Autres Suzan/Sara Glenn Director: Claude Lelouch
The House of Mirth Lily Bart Telefilme
1982 Casting Actriz
1983 Life Is a Bed of Roses Nora Winkle Director: Alain Resnais
My Cousin Rachel Contessa Rachel Sangalletti Miniserie
1984 L'Amour par terre Charlotte Director: Jacques Rivette
1987 White Mischief Nina Soames Director: Michael Radford
1988 The Moderns Nathalie de Ville Director: Alan Rudolph
1989 The Return of the Musketeers Ana de Austria Director: Richard Lester
I Want to Go Home Terry Armstrong Director: Alain Resnais
1990 Gentille Alouette Angela Duverger
The Children Joyce Wheater
1991 Buster's Bedroom Diana Daniels Director: Rebecca Horn
Duel of Hearts Mrs. Miller Telefilme
1992 Chaplin Hannah Chaplin Director: Richard Attenborough
Candidata ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria
Hors Saison Anarchist Director: Daniel Schmid
1993 A Foreign Field Beverly
A idade da inocencia Mrs. Welland Director: Martin Scorsese
1994 Words Upon the Window Pane Miss McKenna
1995 Para recibir el canto de los pájaros Catherine Director: Jorge Sanjinés; País: Bolivia
Home for the Holidays Aunt Gladys Director: Jodie Foster
1996 Jane Eyre Miss Scatcherd Director: Franco Zeffirelli
Gulliver's Travels Empress Munodi Miniserie
Os Olhos da Ásia Jane Powell
Crimetime Thelma
1997 Mother Teresa: In the Name of God's Poor Tareixa de Calcuta
1998 Cousin Bette Adeline Hulot
Fisterra, onde termina o mundo Nai
1999 To Walk with Lions Victoria Anrecelli
Beresina oder Die letzten Tage der Schweiz Charlotte De Director: Daniel Schmid
2000 In the Beginning Yocheved Telefilme
2001 Just Run! Madre
The Faces of the Moon Joan Turner
2002 Dinotopia Avoa Miniserie
En la ciudad sin límites Marie Premio Goya á mellor actriz secundaria
Hable con ella Katerina Bilova Director: Pedro Almodóvar
2004 The Bridge of San Luis Rey The Abbess
2005 Heidi Rottenmeier
Oculto Adela
Melissa P. Nonna Elvira Director: Luca Guadagnino
BloodRayne Fortune Teller
2006 Agatha Christie's Marple Mrs. Fane Serie de televisión
Episodio: Sleeping Murder
Les aventuriers des mers du Sud Maggie Telefilme
2007 El orfanato Aurora Director: Juan Antonio Bayona
Candidata ao Goya á mellor actriz secundaria
Teresa, el cuerpo de Cristo Prioresa do convento
Miguel and William A ama
Los Totenwackers Salgado
Boxes Nai Directora: Jane Birkin
2008 Inconceivable Frances Church-Chappel
Parlami d'Amore Amelie
Parc Nai de Marteau
Ramírez Galerista
Diario de una Ninfómana Avoa de Valére
Brontë Tía Elizabeth
2009 The Island Inside Victoria
Imago Mortis Contessa Orsini
2010 Hostias Jean
The Making of Plus One Geri, directora de casting
The Wolfman Maleva Director: Joe Johnston
There Be Dragons Abileyza Director: Roland Joffé
The Mosquito Net María
The Trick in the Sheet Alma Director: Alfonso Arau
2011 ¿Para qué sirve un oso? Josephine Mellor actriz secundaria no Festival de Málaga de Cine Español
Le moine L'abbesse Director: Dominik Moll
Americano Linda
Et si on vivait tous ensemble? Annie
Memoria de mis putas tristes Rosa Cabarcas Director: Henning Carlsen
2012 O Apóstolo Dosinda Voice
The Impossible Anciá
The Hollow Crown Alice 1 episodio: Henry V
2013 The Return Coco Chanel Curtametraxe
Director: Karl Lagerfeld
Tres 60 Jean Christophe Director: Alejandro Ezcurdia
Another Me Mrs. Brennan Directora: Isabel Coixet
2014 Amapola Memé Director: Eugenio Zanetti
Dólares de Arena Anne Directores: Israel Cárdenas, Laura Amelia Guzmán
2015 Marguerite et Julien Nai de Lefebvre
Valentin Valentin Jane
2016 A Monster Calls Juan Antonio Bayona

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

Premios Globo de Ouro
Ano Categoría Filme Resultado
1993 Mellor actriz secundaria Chaplin Candidata
1976 Mellor actriz secundaria Nashville Candidata
1966 Nova estrela do ano - Actriz Doutor Zhivago Candidata
Premios BAFTA
Ano Categoría Filme Resultado
1977 Mellor actriz de repartición Welcome to L.A. Candidata
Premios Goya
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor interpretación feminina secundariaecundaria El orfanato Candidata
2002 Mellor interpretación feminina secundaria En la ciudad sin límites Gañadora
Premios Fotogramas de Prata
Ano Categoría Filme Resultado
1969 Mellor intérprete de cinema español La madriguera Gañadora
Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor actriz secundaria de cine El orfanato Gañadora
2002 Mellor actriz secundaria de cinema En la ciudad sin límites Candidata
Premios ACE (Nova York)
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor actriz secundaria El orfanato Gañadora
2002 Mellor actriz secundaria Hable con ella Gañadora
1976 Mellor actriz Cría cuervos Gañadora
Festival de Cine Español de Málaga
Ano Categoría Filme Resultado
2011 Biznaga de Prata á Mellor actriz secundaria ¿Para qué sirve un oso? Gañadora
Festival de Cinema de Sitges
Ano Categoría Filme Resultado
1972 Medalla Sitges en Prata de Lei á Mellor actriz Z.P.G. Gañadora
Festival Internacional de Cinema de Miami
Ano Categoría Filme Resultado
1978 Mellor actriz Remember My Name Gañadora
Festival de Cinema de París
Ano Categoría Filme Resultado
1978 Mellor actriz Remember My Name Gañadora

Notas[editar | editar a fonte]