Doce uvas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Doce uvas
Datos da festa
Nome oficial Festa das uvas
Conmemoración Ano novo
Tipo Evento popular
Data 31 de decembro
Relacionada con Fin de ano


As doce uvas é unha tradición de orixe española consistente en tomar doce uvas ao son das doce badaladas que sinalan o comenzo do aninovo. A orixe desta tradición, segundo Redondo, Repila e Solomando (2011) "non é debida a razóns relixiosas ou culturais, é só por intereses económicos. Na véspera de Ano Novo 1909 os colleiteiros de uva tiveron unha gran produción deste froito e, para desfacerse destas uvas, inventaron o ritual de tomar as uvas da sorte na última noite do ano"[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A creación de Televisión Española a mediados do século XX permitiu a transmisión na noite do 31 de decembro de cada ano das doce badaladas dende a Porta do Sol de Madrid. Tras a creación das televisións autonómicas, estas comezaron a retransmitir as badaladas desde outros lugares; no caso da Televisión de Galicia, dende a torre do reloxo da catedral de Santiago de Compostela. Se ben tradicionalmente moita xente celebraba a noitevella en familia, moita xente comezou a ir tomar as uvas da sorte en directo ao son do reloxo a diferentes espazos públicos, como a propia Porta do Sol.

As doce uvas en Vilagarcía de Arousa[editar | editar a fonte]

En 1999 o goberno local de Vilagarcía de Arousa tomou a decisión de invitar á veciñanza a tomar as uvas ao mediodía, coa idea de involucrar a toda a comunidade, dende a rapazada ata as persoas máis vellas, a unha hora máis accesible para as persoas de todas as idades[2]. Desde ese ano vénse celebrando a festa[3] na Praza de Ravella[4], xusto fronte á casa consistorial. O Concello reparte uvas envasadas entre as persoas asistentes (350 quilos en 2016) e lambetadas para as crianzas, para ser tomadas ao son das baladalas do reloxo do consistorio da vila. Tamén ofrece aos participantes do festival máis de 400 botellas de cava e batidos para brindar[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. REDONDO ARJONES, A; REPILA RUIZ, A. E SOLOMANDO FIERREZ, M.J., A (2011). "Volvemos a casa por Navidad: Nuestras fiestas en imágenes". Revista Foro de profesores de E/EL 7. Consultado o 4 xaneiro 2017. 
  2. "Fiestas populares: Las "uvas" del 31 de diciembre" (en español). Consultado o 31-12-2016. 
  3. "Fiestas populares: las "uvas" del 31 de diciembre" (en español). Consultado o 31-12-2016. 
  4. "Fiestas populares de Villagarcía de Arosa" (en español). Consultado o 31-12-2016. 
  5. "Concello de Vilagarcía de Arousa" (en Gallego). Consultado o 31-12-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]