Saltar ao contido

Nizar Qabbani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNizar Qabbani

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) نزار قباني Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1923 Editar o valor en Wikidata
Damasco, Siria Editar o valor en Wikidata
Morte30 de abril de 1998 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Bab al-Saghir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade de Damasco (–1945) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, diplomático, letrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeBalqis al-Rawi Editar o valor en Wikidata
IrmánsSabah Qabbani Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webnizarq.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1099484 Discogs: 3036993 WikiTree: Qabbani-1 Editar o valor en Wikidata

Nizar Tawfiq Qabbani (en árabe: Nizār Tawfīq Qabbānī نزار توفيق قباني), nado o 21 de marzo de 1923 e finado o 30 de abril de 1998, foi un diplomático, poeta, escritor e editor sirio, considerado o poeta nacional do seu país.[1] O seu estilo combina a simplicidade e a elegancia na exploración de temas como o amor, o erotismo, a relixión e o apoderamento árabe contra o imperialismo estranxeiro e os ditadores locais. Qabbani é unha das figuras literarias máis reverenciadas do mundo árabe.[2][3] Entre os seus familiares, atópanse Abu Khalil Qabbani, Sabah Qabbani, Rana Qabbani e Yasmine Seale.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nizar Qabbani naceu na capital de Siria, Damasco, nunha familia de mercadores de clase media. Criouse nun dos barrios da cidade vella de Damasco, e entre 1930 e 1941 estudou nunha escola dirixida por Ahmad Munif al-Aidi, un amigo do seu pai.[4] Posteriormente, cursou Dereito na actual Universidade de Damasco, de onde se graduou en 1945.[4]

Durante a súa etapa universitaria escribiu a súa primeira escolma de poemas, titulada Qālat lī al-samrāʼ ("Díxome a morena", 1944).[4][5] A presenza de alusións sexuais nalgúns versos causou polémica.[4] Por iso, Qabbani ensinou o libro a Munir al-Ajlani, o ministro de educación, quen era amigo de seu pai e un importante líder nacionalista. A al-Ajlani gustáronlle os poemas, polo que redactou un prefacio para o libro.

Carreira diplomática

[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse en Dereito, Qabbani traballou para o Ministerio de Asuntos Exteriores sirio como cónsul ou delegado cultural en diversas capitais, como Beirut, O Cairo, Istambul, Madrid ou Londres. En 1959, tras a formación da República Árabe Unida, Qabbani foi nomeado vicesecretario das embaixadas da China. Durante as súas estancias no estranxeiro, Qabbani continuou a escribir a súa literatura. Continuou traballando en política até a súa dimisión en 1966.

Matrimonios

[editar | editar a fonte]

Qabbani casou dúas veces. A súa primeira esposa foi a súa curmá Zahra Aqbiq, coa que tería dous fillos: unha nena, Hadba, e un neno, Tawfiq. Este finaría dun ataque ao corazón aos 22 anos, mentres vivía en Londres. Qabbani escribiu na súa memoria nun célebre poema. Pola súa banda, Habda, nada en 1947, faleceu en 2009. Zahra Aqbiq finou dous anos antes que a súa filla, en 2007.

O seu segundo matrimonio foi cunha mestra iraquí, Balqis al-Rawi, a quen coñeceu nun recital de poesía en Bagdad. Balqis al-Rawi foi asasinada o 15 de decembro de 1981 no atentado contra a embaixada de Iraq en Beirut, durante a guerra civil libanesa.[4] Xuntos tiveran un fillo, Omar, e unha filla, Zainab. Tras o pasamento de al-Rawi, Qabbani non volveu casar.

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Tras a morte da súa segunda esposa, Qabbani abandonou Beirut. Viviu en Xénova e París, até que finalmente se afincou en Londres, onde pasaría os derradeiros quince anos da súa vida. No exilio, Qabbani continuou a escribir polémicos poemas políticos. Qabbani faleceu aos 75 anos dun ataque ao corazón, o 30 de abril de 1998.[6] No seu testamento, expresou o seu desexo de ser soterrado en Damasco, que describiu como "o útero que me ensinou poesía e creatividade, e me concedeu o alfabeto de Jasmine".[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]