Chelsea Girls é un filme experimental dirixido por Andy Warhol e Paul Morrisey en 1966. Foi o primeiro éxito comercial importante de Warhol despois realizar varios filmes de vangarda (tanto de curtas como de longametraxes). Foi rodada no Hotel Chelsea e outras localizacións de Nova York, e conta a vida de varias das mozas que vivían alí. Presentase nunha pantalla dividida, acompañada por bandas sonoras alternas en cada escena e unha alternancia entre branco e negro e cor. O filme orixinal ten pouco máis de tres horas de duración.[1]
O cartel foi deseñado para a súa estrea en Londres polo artista gráfico Alan Aldridge. Warhol estaba completamente satisfeito co deseño e comentou que «desexaba que o filme fose tan bo coma o cartel».[2]
Malia que o filme foi o que máis éxito tivo dos dirixidos por Andy Warhol, as críticas foton mixtas.
Roger Ebert escribiu sobre o filme en xuño de 1967, e tivo unha resposta negativa da mesma, outorgándolle unha estrela de catro. Na súa revisión declarou «...lo que temos aquí son 3 horas e media de improvisación nunha pantalla partida mal fotografada, apenas editada, empregando perversión e sensación como a salsa de chile disfraza o recendo da comida. Warhol non ten nada que dicir e ningunha técnica para dicilo. Simplemente quere facer filmes, e faino: horas e horas de eles».
Kenneth Baker, da San Francisco Chronicle examinou o filme por mor da súa proxección na área da Baía de San Francisco en 2002, e deulle unha revisión positiva, comentando «a tiranía da cámara é a opresión aos rexistros de Chelsea Girls que impón. Non é unha sorpresa que aínda pareza radical, malia todo o que temos visto na pantalla e fora dende 1966».[3]