Saltar ao contido

Verve Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Verve Records
Logo
Tiposelo discográfico
Data de fundación1956
Fundador(es)Norman Granz
Organización matrizUniversal Music Group
SedeSanta Monica
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.vervemusicgroup.com/
Facebook: ververecords Twitter: vervemusic Instagram: vervemusic Souncloud: ververecords Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Verve Records é unha discográfica americana especializada en jazz, fundada por Norman Granz en 1956 absorbeu os catálogos de Norgran Records e Clef Records.

O catálogo de Verve medrou ó longo dos anos 50 e dos anos 60 para incluír a maioría das figuras principais do jazz, aínda que Granz tendeu a gravar artistas xa establecidos, por veces en declive, máis que buscar talentos novos. Tamén recoñeceu o potencial dos álbums da comedia, producindo o primeiro LP de Spike Jones, Dinner Music For People Who Aren't Very Hungry, en 1956 e varios álbums éxitos de venda que ofrecían actuacións en directo de Shelley Berman a comezos dos 60. Granz vendeu Verve a MGM en 1961 por 3 millóns de dólares. Creed Taylor converteuse no novo produtor, levando a bossa nova ós Estados Unidos. En 1967 Creed deixou Verve, e as novas gravacións comezaron a declinar e cesarían en conxunto nos anos 70. Nos mediados dos anos oitenta comezou unha nova política que promocionaba novos lanzamentos, aínda que sempre dando preferencia á reedición do seu catálogo. Nos anos 70 pasou a formar parte de PolyGram, incorporando o catálogo do jazz de Mercury/EmArcy, que Phillips, os donos de parte de PolyGram adquiriran anteriormente. Verve Records transformouse en Verve Music despois de que PolyGram se unira ó Universal Music Group de Seagram en 1998.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]