Saltar ao contido

Sliver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sliver
Nirvana Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
Sliver (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Formato de distribución
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
sen valor Editar o valor en Wikidata
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
Datas
 Data de publicación
1990 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Códigos e identificadores
Freebase/m/045g71 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Sliver" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como sinxelo polo selo Sub Pop en setembro de 1990. DGC re-editou o tema para promover na radio o lanzamento de Incesticide en 1992.

No sinxelo de 1992 "In Bloom" aparece unha interpretación ao vivo do tema, outro directo sae no vídeo de 1994 Live! Tonight! Sold Out!!, e unha terceira actuación está incluída no álbum ao vivo From the Muddy Banks of the Wishkah de 1996. "Sliver" tamén aparece no seu recompilatorio de grandes éxitos Nirvana, editado no ano 2002. Unha primeira versión acústica está no box set do 2004 With the Lights Out e en Sliver: The Best of the Box de 2005. No vídeo Live at Reading do 2009 tamén aparece interpretada ao vivo.

Vídeo musical

[editar | editar a fonte]

Realizouse un videoclip para "Sliver" como promoción do Incesticide en marzo de 1993. Dirixido por Kevin Kerslake, o vídeo comeza coa filla de Kurt Cobain Frances Bean Cobain (que era un bebé daquela) bailando coa liña de baixo que abre o tema, e coa banda nun pequeno cuarto estreito e escuro tocando os seus instrumentos. Kurt canta cara a cámara e os seus movementos cambian coa música, con Krist Novoselic e Dave Grohl no fondo da habitación. Entre as tomas hai escenas do bebé cun xoguete Chim-Chim (personaxe da serie Speed Racer) que lle regalara a banda xaponesa Shonen Knife. O vídeo remata con Krist Novoselic esnaquizando obxectos do cuarto.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Sliver" (Cobain, Novoselic)
  2. "Dive" (Cobain, Novoselic)
  3. "About a Girl" (live 9 de febreiro de 1990 at the Pine Street Theatre, Portland, OR) [on 12" and CD versions only] (a remix by Jack Endino is a bonus track on 2009 re-release of Bleach)
  4. "Spank Thru" (live 9 de febreiro de 1990 at the Pine Street Theatre, Portland, OR) [on CD versions only] (a remix by Jack Endino is a bonus track on 2009 re-release of Bleach)