Love Buzz
| Love Buzz | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Shocking Blue | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"Love Buzz" é unha canción escrita por Robbie van Leeuwen, da banda neerlandesa de rock Shocking Blue, editada orixinalmente como parte do álbum da banda At Home en 1989.
Versións
[editar | editar a fonte]A banda estadounidense de grunge Nirvana gravou unha versión do tema para o seu álbum de estrea Bleach, e esta sería tamén o seu primeiro sinxelo, editado en novembro de 1988 a través do selo Sub Pop. Sería tamén o primeiro sinxelo lanzado polo club Sub Pop Single of the Month. A versión que aparecía no álbum tiña unha mestura distinta á do sinxelo, ao igual que a súa cara-b, "Big Cheese". A versión de Bleach perde o collage de sons de 10 segundos ao inicio do tema elaborado por Kurt Cobain. "Love Buzz" foi posteriormente editado no EP Blew.
O tema tamén foi versionado por Hatcham Social no seu EP Party, lanzado no ano 2008, e unha remestura de "Love Buzz" foi editada a través de Saint Thomas Records no 2009 pola banda psicodélica de Dallas Lithium X-Mas como sinxelo.
A versión orixinal de Shocking Blue foi sampleada para a canción "Phoenix" de The Prodigy, incluída no seu álbum do ano 2004 Always Outnumbered, Never Outgunned.