Live! Tonight! Sold Out!!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Live! Tonight! Sold Out!!
Vídeo de Nirvana
Edición15 de novembro de 1994
Gravación1991 - 1993
Duración83:00
Xénero(s)grunge
Selo(s)Geffen Records
Cronoloxía
- Live! Tonight! Sold Out!! Classic Albums: Nirvana - Nevermind

Live! Tonight! Sold Out!! é un álbum en video da banda estadounidense de grunge Nirvana. Foi publicado en laserdisc e VHS o día 15 de novembro de 1994 a través do selo Geffen Records. A versión en DVD editouse o 7 de novembro do ano 2006.

O video foi concibido orixinalmente polo propio Kurt Cobain e trátase dunha especie de crónica du aumento da fama da banda durante a época do Nevermind. Cando Cobain morreu en 1994, o video estaba sen rematar, polo que os restantes membros do grupo, Dave Grohl e Krist Novoselic, interviñeron para ompletalo. O video inclúe actuacións ao vivo ademais de entrevistas da banda.

A meirande parte das imaxes ao vivo son de 1991 e 1992, con algunhas gravacións caseiras datadas a finais de 1990. As derradeiras imaxes son do 23 de xaneiro de d1993, no Hollywood Rock Festival do Río de Xaneiro.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Aneurysm" (en dúas partes: 25-11-1991 - Paradiso, Amsterdam, Holland, e 23-01-1993 - Hollywood Rock, Río de Xaneiro. Incorrectamente etiquetada no interior)
  2. "About a Girl" (31-10-1991 - Paramount Theatre, Seattle, Washington)
  3. "Dive" (23-01-1993 - Hollywood Rock, Río de Xaneiro. Incorrectamente etiquetada no interior)
  4. "Love Buzz" (en dúas partes: 10-10-1991 - Dallas, Texas / 25-11-1991 - Paradiso, Amsterdam)
  5. "Breed" (31-10-1991 - Paramount Theatre, Seattle, Washington)
  6. "Smells Like Teen Spirit" (27-11-1991 - programa de televisión británico Top of the Pops)
  7. "Negative Creep" (22-02-1992 - Honolulu, Hawaii)
  8. "Come as You Are" (25-11-1991 - Paradiso, Amsterdam)
  9. "Territorial Pissings" (en dúas partes: 06-12-1991 - programa de televisión de Jonathan Ross / 25-11-1991 - Paradiso, Amsterdam)
  10. "Something in the Way" (14-02-1992 - Osaka, Xapón)
  11. "Lithium" (30-08-1992 - Reading Festival, Inglaterra)
  12. "Drain You" (25-11-1991 - Paradiso, Amsterdam)
  13. "Polly" (31-10-1991 - Paramount Theatre, Seattle, Washington)
  14. "Sliver" (25-11-1991 - Paradiso, Amsterdam)
  15. "On a Plain" (26-06-1992 - Roskilde Festival, Dinamarca)
  16. "Endless, Nameless" (31-10-1991 - Paramount Theatre, Seattle, Washington) (non listada no VHS)
  • "Lounge Act" do Nevermind interpretada sobre os créditos finais.
  • Numerosos fragmentos doutros temas aparecen a través do video, incluídas partes da actuación da banda en 1992 no programa Saturday Night Live.