Rape Me
| Rape Me | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nirvana | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"Rape Me" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana, editada como segundo sinxelo (como dobre cara-A xunto con "All Apologies") do seu terceiro álbum, In Utero. O sinxelo acadou o posto 32 na lista británica de sinxelos.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Kurt Cobain.
- "All Apologies" - 3:50
- "Rape Me" - 2:49
- "Moist Vagina" - 3:34
Algunhas versións do sinxelo listan "Moist Vagina" como "MV".
Outras versións
[editar | editar a fonte]Unha versión ao vivo de "Rape Me", gravada no programa Saturday Night Live o 25 de setembro de 1993, aparece no álbum recompilatorio Saturday Night Live: The Musical Performances, Volume 2 e no DVD Saturday Night Live: 25 Years of Music, Volume 4.
Dúas versións do tema aparecen no box set do 2004 With the Lights Out: unha versión caseira acústica en solitario, e a vesión de estudio de 1992. Ámbalas dúas tamén están no recompilatorio do 2005 Sliver: The Best of the Box. Pode escoitarse a Frances Bean Cobain chorando ao fondo da versión demo de estudio.
Outra versión ao vivo, gravada o 31 de outubro de 1991 no Paramount Theatre de Seattle, Washington, está no disco catro e no DVD da versión "Super Deluxe" da re-edición do Nevermind do ano 2011, e tamén no vídeo do mesmo ano Live at the Paramount.
A canción foi renomeada como "Waif Me" no empaquetado para as tendas Wal-Mart e Kmart, que atopaban o seu título demasiado controvertido; a canción en si permaneceu sen cambios e tamén aparece co seu nome real no libreto.
A versión de In Utero está incluída nos dous recompilatorios de grandes éxitos da banda, Nirvana (2002) e Icon (2010).