Aaron Burckhard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Aaron Burckhard
Nacemento 14 de novembro de 1963 (54 anos)
Orixe Oakland (California) Flag of the United States.svg
Instrumento(s) batería
Relacionado con Nirvana, Attica
editar datos en Wikidata ]

Aaron Burckhard, nado o 14 de novembro de 1963 en Oakland (California), foi o primeiro batería da banda de grunge Nirvana. Burckhard tocou a batería no grupo ata decembro de 1987. Non estivo co grupo cando se gravou a súa primeira demo no estudio Reciprocal Recording en Seattle en 1988, pero regresou por un curto período de tempo esa primavera antes de ser substituído por Chad Channing. Posteriormente tocaría na banda Attica. Burckhard apareceu nas primeiras 5 cancións da caixa With the Lights Out.