Quark fondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Quark fondo (b)
Clasificación
Partícula elemental
Fermión
Quark
Terceira xeración
Quark fondo
Propiedades
Masa: ≈7,13 · 10−27 kg (no esquema de mínima subtracción)

≈4.19 GeV/c2 (no esquema de mínima subtracción)

Carga eléctrica: −⅓ e
Carga de cor: Cor
Spin:
Vida media: Inestable (descoñecido)
Antipartícula: Antiquark fondo ()
 Interacciona con: Gravidade
Interacción débil
Electromagnetismo
Interacción forte

O quark fondo (ou quark b do inglés "bottom quark") é unha partícula elemental que pertence á terceira xeración de quarks. Ten unha carga eléctrica igual a −⅓ da carga elemental e un spin de ½, co cal é un fermión e cumpre o principio de exclusión de Pauli. Como os demais quarks, o quark fondo ten carga de cor, e o antiquark fondo ten carga de anticor; senten a interacción forte.

Características[editar | editar a fonte]

É o segundo quark máis masivo do modelo estándar, cunha masa dunhas catro veces a do protón. Isto dálle un comportamento peculiar dentro da cromodinámica cuántica, que o fai máis fácil de detectar e medir as súas propiedades experimentalmente, sobre todo nos mesóns que forma. Tamén é relativamente fácil de experimentar con el debido a que case sempre aparece nas desintegracións do quark cume, e con bastante frecuencia na desintegración do bosón de Higgs, se é o suficientemente lixeiro.

Foi descuberto no Fermilab (Chicago), en 1977[1] e posteriormente confirmado en Doris (Hamburgo). No descubrimento, os científicos quixeron chamalo "quark beleza" (Beauty), pero ao final quedou en fondo (Bottom). O achado non resultou inesperado xa que en 1975 descubriuse a partícula tau polo que se pensou que se había tres familias de leptóns debería haber tamén tres xeracións de quarks.

O quark fondo debe ter unha vida media curta, como os leptóns da terceira xeración. A única evidencia é que forma hadróns que se desintegran pronto, pero a vida media do propio quark é moi difícil de medir debido a que se atopa confinado (confinamento da cor).

Este quark dota aos hadróns que forma cun número cuántico chamado 'inferioridade' (tradución de "bottomness"), que se define como o número de antiquarks fondo menos o número de quarks fondo que o forman.

Hadróns que conteñen quarks fondo[editar | editar a fonte]

Todos os tipos de mesóns B, cargados e neutros, están formados por un quark fondo (ou o antiquark) e un quark arriba ou abaixo. Os mesóns B encantados e estraños están formados polo quark fondo e un quark encantado ou estraño respectivamente.

O mesón ípsilon, tamén coñecido como 'fondonio' (tradución de bottomonium), está formado polo quark e o antiquark fondo.

O único barión coñecido cun quark fondo é o lambda neutro inferior.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Partículas fundamentais en Física (lista, táboa)
Fermións Bosóns de Gauge
Quarks Leptóns Bosóns W e Z Fotón Gluón
Arriba Encantado Cume Electrón Múon Tau (tauón) Bosóns hipotéticos
Abaixo Estraño Fondo e-neutrino μ-neutrino τ-neutrino Gravitón    Bosón de Higgs
Outras clases, partículas compostas e outras
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón
Termos relacionados
antimateria - partícula subatómica