Saltar ao contido

Natsionalna Telekompaniia Ukrainy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Natsionalna Telekompaniya Ukraïny
Національна Телекомпанія України
Inicio das emisións 1965
Propiedade de Empresa pública
País Ucraína Ucraína
Lingua Ucraíno
Sede central Kíiv

Na rede
http://www.1tv.com.ua/

A Compañía Nacional de Televisión de Ucraína (en ucraíno: Національна Телекомпанія України, Natsionalna Telekompaniya Ukrayïny) é o ente de radiodifusión estatal de Ucraína. Desde 1993 é membro da Unión Europea de Radiodifusión.

Historia do Telecentro de Kíiv

[editar | editar a fonte]

O primeiro intento oficial de transmisión de televisión en Ucraína foi realizado o 1 de febreiro de 1939, sendo realizado nun pequeno estudo en Kíiv. A transmisión tivo unha duración de 40 minutos, consistindo basicamente na exhibición dun retrato de Sergó Ordzhonikidze.

Logo dunha pausa forzada, produto da segunda guerra mundial, retómanse as transmisións televisivas en Ucraína, comezando o 6 de novembro de 1951, cando se exhibe a película "The great glow", de corte patriótico. Ao día seguinte, transmítese unha cerimonia solemne, a cal conmemora o 34° aniversario da Revolución de Outubro. O primeiro evento musical televisado en Ucraína tivo lugar o 1 de maio de 1952, este foi un concerto, realizado nos modestos estudos do Telecentro e contaba coa participación de destacados solistas da Ópera de Kíiv. Tamén apareceu a primeira presentadora da cadea, Novela Separionova.

En 1953, termínase de construír o edificio do Telecentro de Kíiv, xusto logo da inauguración dos Telecentros de Moscova e Leningrado. A programación regular comeza en 1956, para antes dese ano, a programación só consistía na exhibición de películas e documentais dúas veces ao día. A programación do Telecentro era en vivo, xa que era a única forma de transmitilos, sendo os programas gravados frecuentes a mediados de 1960.

Opera a canle de televisión UT1, o único con cobertura nacional (ao redor do 97% do territorio ucraíno). A súa programación esta orientada cara a todos os sectores da sociedade do país, así como ás minorías étnicas. Os seus principal prioridade son os informativos, que están diversificados a distintos tipos de público, sendo orientados á ciencia, a cultura, o entretemento ou os deportes. De acordo aos índices de audiencia, UT1 supera de xeito significativo a todas as canles privadas, de data máis recente.

No 2005 foi a televisión encargada de organizar, xunto coa UER, o 50 Festival da Canción de Eurovisión en Kíiv. No ano 2012 obtivo, xunto con Telewizja Polska, os dereitos de transmisión da Eurocopa de Polonia/Ucraína.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]