Naomi Klein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naomi Klein en Berlín, outubro de 2007.

Naomi Klein, nada en Montreal en 1970, é unha xornalista canadense, e unha das plumas xornalísticas e investigadoras máis influentes no movemento opositor á globalización.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É economista política, xornalista e escritora. Caracterizada polo seu traballo independente nos medios xornalísticos, colaborou como columnista para publicacións como The Guardian de Londres ou The Globe and Mail de Toronto. É filla de pais que pertenceron ó movemento hippie e foron próximos ó anarquismo. Emigraran a Canadá procedendo dos Estados Unidos como medida ante a guerra de Vietnam. A súa nai creara un controvertido documental en contra da pornografía.

Comeza a súa actividade como estudante da Universidade de Toronto, colaborando coa revista estudantil do centro The Varsity.

A súa ruptura coa globalización implicou o estudo das influencias do capitalismo de finais do século XX e do sistema da Terceira Vía, así como no pulo do imperialismo neoliberal e os seus efectos na cultura moderna de masas. Despois dunha tumultuosa conferencia ante a OMC no 1999, e froito das súas investigacións, escribiu varios libros importantes como No Logo (2001), Fences and Windows (2003), o guión do documental The Take (dirixido polo seu marido Avi Lewis, está centrado na crise arxentina e as mobilizacións cidadás entre 2001 e 2002) e unha infinidade de artigos xornalísticos e políticos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • No Logo: No Space, No Choice, No Jobs (2001)
  • Fences and Windows: Dispatches from the Front Lines of the Globalization Debate (2003)
  • The Shock Doctrine: The Rise of Disaster Capitalism (2007)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]