Máis coñecido como No logo, é un ensaio que trata de analizar a influencia das marcas na sociedade actual.[1][2] Comeza narrando a orixe e crecemento das grandes empresas que basean o seu negocio na imaxe de marca, e prosegue analizando os efectos en todo o mundo, desde o mercado de traballo, tanto no primeiro como no terceiro mundo, como o mercado de consumo.[2][3] Explica as tácticas que as marcas seguen para expandirse e relata moitos actos de rebeldía xurdidos como resposta.[2][3]
No primeiro mundo analiza fundamentalmente a situación nos Estados Unidos e no Canadá e, en menor medida, en Europa occidental.[4]
O enfoque é de crítica feroz ó comportamento das empresas.[3][4]