Alfredo Bea Gondar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX valor descoñecido |
Alcalde do Grove | |
1983 – 1985 (moción de censura) ← José María Mourelos Muñiz | |
Alcalde do Grove | |
agosto de 1975 – 1979 – Xoaquín Álvarez Corbacho → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Alfredo Bea |
José Alfredo Bea Gondar é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro do Grove e segundo tenente de alcalde, foi nomeado alcalde en agosto de 1975.[1] Foi un dos homes fortes de UCD na provincia de Pontevedra.[2] Nas municipais de 1983 foi elixido alcalde do Grove por Convergencia de Independientes de Galicia, pero pasouse pouco despois con todos os concelleiros a AP.[3] Foi deputado provincial. Porén, unha moción de censura encabezada por Luís Caamaño Prol (elixido nas listas de AP pero abandoandoa trala entrada de Bea Gondar na formación) desprazouno da alcaldía en abril de 1985. Volveu ser elixido alcalde do Grove en 1991 como cabeza de lista da Agrupación Vecinal Independiente (AVI), pero non chegou a tomar posesión[4], pois foi destituído o 20 de xuño de 1991 logo de ser encarcerado pola súa presunta relación cun alixo de cocaína[5]. Foi condenado por un delito de branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico en 2005.
En 2018 denunciou o xornalista Nacho Carretero Pou por suposta vulneración do seu dereito á honra ao ser mencionado no libro Fariña (Libros del KO, 2015)[6]. A xuíza ordenou en marzo dese ano a paralización das vendas do libro, tanto física como dixitalmente. O 22 de xuño a Audiencia Provincial de Madrid levantou o secuestro do libro e en xullo foi rexeitada a acusación, sendo condenado Bea Gondar a pagar os custos do xuízo. O autor foi absolto ao considerar finalmente a xuíza que o contido do libro era veraz, froito dunha "importante labor de investigación", e que non se vulnerara o dereito á honra do exalcalde. En xuño de 2020 Bea Gondar foi condenado a indemnizar a Nacho Carretero con máis de 3000 € e á editorial do libro con máis de 13000 €, polos danos e perdas ocasionados polo secuestro xudicial do libro.[7]
Predecesor: José Lores González |
Alcalde do Grove 1975 - 1979 |
Sucesor: Xaquín Álvarez Corbacho |
Predecesor: José María Mourelos Muñiz |
Alcalde do Grove 1983 - 1985 |
Sucesor: Luis Caamaño Prol |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É pai do catro veces subcampión mundial de piragüismo, presidente da Federación Galega de Piragüismo, e tamén concelleiro no Grove, Alfredo Bea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faro de Vigo, 5-8-1975, p. 5.
- ↑ Entrevista a Alfredo Bea Gondar en Faro de Vigo, 1 de febreiro de 1979. Na web da Asociación pola Memoria Histórica do Grove.
- ↑ "O Grove, un ayuntamiento conflictivo que no celebra plenos ni reuniones desde hace más de ocho meses", María José Porteiro en El País, 31 de agosto de 1984 (en castelán).
- ↑ "La Audiencia Nacional deberá explicar si Bea Gondar pidió permiso para salir de la cárcel", Xosé Hermida en El País, 20 de xuño de 1991 (en castelán).
- ↑ "Destituido como alcalde de O Grove Bea Gondar, acusado de narcotráfico", Xosé Hermida en El País, 20 de xuño de 1991 (en castelán).
- ↑ "Unha xuíza ordena o secuestro do libro "Fariña" a petición dun ex alcalde do Grove", Pontevedra Viva, 21 de febreiro de 2018.
- ↑ "Condenan al exalcalde de O Grove a indemnizar al autor y al editor de 'Fariña' por el secuestro del libro" (en castelán). 8 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Monge, Manuel (2016). "5.3 Financiamento ilegal do PP. 5.3.1. Doazóns de contrabandistas e narcotraficantes". O perverso goberno de Feijóo: Sete anos en negro. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-327-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Supremo absuelve a Bea Gondar y Santórum de un delito de narcotráfico en Faro de Vigo, 1 de xuño de 2006.
- "Fredi Bea registra el Partido Galeguista Demócrata" en La Voz de Galicia, 3 de febreiro de 2011.