Xosé Bocixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Bocixa
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
As Encrobas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , cantante Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Antón Bocixa Rei,[1] chamado comunmente Bocixa, nado nas Encrobas en 1967, é un músico, xornalista e realizador audiovisual, vocalista da banda de rock Zënzar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou dende novo en distintos movementos cidadáns e culturais.[2] Traballou en diversos campos do mundo audiovisual como a dobraxe, a produción ou o atrezzo. Como músico, a finais dos anos oitenta Bocixa foi un dos fundadores do grupo de rock Mördor, logo renomeado como Zënzar. A banda, da que é vocalista, é a máis veterana do rock en galego, con máis de 30 anos en activo e sete traballos de estudio no mercado (Disparados ao futuro, Todo vai ben, Rocanrol, Sigue... e dalle, A "Tribu", Vaise armar e Camiñando entre serpes. "Vai polos padriños" é un disco homenaxe nos que 20 bandas galegas versionean temas do grupo.

Como xornalista, traballou en RTV Cerceda e A Nosa Terra Dixital. Colaborou varios anos na revista Tempos Novos e en medios como Praza Pública, Galicia Confidencial e outros medios especializados en música. Na actualidade colabora con Nós Televisión realizando reportaxes audiovisuais en formato documental, sobre temáticas sociais como as agresións ao medio ambiente e ao territorio.

En 2007 dirixiu o documental As Encrobas. A ceo aberto no que tratou o conflito das Encrobas, a loita que mantiveron os veciños das Encrobas contra as expropiacións que se levaron a cabo para a explotación dunha mina de carbón, destacando o papel do cura Moncho Valcarce.[2][3] En 2009 dirixiu A NOSA TERRA 1907-2007, un documental sobre o centenario da publicación A Nosa Terra.[4] En 2011 dirixiu para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, EBA. Universo Blanco Amor, no que a través de diferentes entrevistas se fai un retrato da vida de Eduardo Blanco Amor.[5][6]

No ano 2013 estreou o documental Rosa de Corcoesto, con guión de Manuel Vilas, sobre a problemática da mina a ceo aberto de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños.[7] En 2016 dirixiu a curta Unha muller que pasa, un dos dous episodios que forman u traballo conxunto que realizou con Paco Gallego, quen dirixiu o outro episodio, Silencio.[8]

En 2018 presentou A ameaza do cobre, un documental sobre outro conflito cunha mina, esta vez nos concellos de Touro e O Pino.[9] Tamén ese ano viu a luz Véndese litoral. A Coruña deféndese, sobre a especulación cos terreos do porto da Coruña e o bordo litoral da cidade.[10][11] En 2019 publicou despois de varios anos de traballo xunto a Paco Gallego, o documental Estruturas, pel contra pel, centrándose no impacto que ten o ser humano sobre a paisaxe.[12] Tamén ese ano dirixiu Redes contra a política do espolio, sobre as agresións medioambientais na comarca de Santiago e a oposición das asociacións veciñais,[13][14] e presentou xunto ao historiador Xabier Maceiras, o documental 12 leiras, que rememora a creación do polígono industrial de Sabón e as expropiacións que supuxo a obra. Este último documental publicouse acompañado dun libro titulado Sabón.[15]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Documentais[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Eu restituín os meus apelidos"". Sermos Galiza. 19 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Xosé Bocixa, el agitador rural que denuncia el abuso de poder" (en castelán). 11 de setembro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  3. "As Encrobas. A Ceo Aberto". praza.gal. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  4. "XOSÉ BOCIXA PRESENTA O DOCUMENTAL SOBRE “A NOSA TERRA” NO CGAI". 11 de xuño de 2009. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  5. "Analizan o Blanco Amor máis cronista da nosa sociedade". 12 de xuño de 2011. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  6. "EBA Universo Blanco Amor". 11 de xuño de 2011. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  7. "Este domingo, estrea a documental “Rosa de Corcoesto”". 12 de decembro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  8. "Ernesto Chao, David Ferrando, Paco Gallego e Xosé Bocixa". TVG. 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  9. "Bocixa presenta el primer documental sobre el conflicto de la mina de Touro" (en castelán). 13 de marzo de 2018. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  10. "Bocixa: "Na nosa terra escasean os traballos audiovisuais comprometidos cos problemas de actualidade"". praza.gal. 27 de setembro de 2018. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  11. "Véndese litoral. A Coruña deféndese". Nós Televisión. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  12. "Un documental sobre el impacto del ser humano en el paisaje, el día 1 en el Fórum" (en castelán). 19 de marzo de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  13. "Redes contra a política do espolio". Nós Televisión. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  14. "'Redes contra a política do espolio': o documental que alerta das "agresións medioambientais" en Galicia". praza.gal. 7 de abril de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  15. "Ve a luz '12 leiras', o documental sobre a creación do polígono de Sabón". Sermos Galiza. 3 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.