Saltar ao contido

Galiza Contrainfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galiza Contrainfo
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de remate
2023 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
febreiro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Fontes e ligazóns
Facebook: galizacontrainfo Instagram: gzcontrainfo Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Galiza Contrainfo foi un medio de comunicación comunitario galego de contrainformación, alternativo, autoxerido* e sen ánimo de lucro cuxos inicios datan de febreiro de 2010,[1][2] aínda que o seu primeiro vídeo é de 2013.[3] Cesou en 2023.

Os seus traballos son en formato fotográfico e audiovisual e difúndense principalmente a través das redes sociais, aínda que tamén o fan a través de Nós Televisión. Está centrado na gravación e difusión de acontecementos sociais como manifestacións ou protestas de temática feminista, ecoloxista ou nacionalista galega, así como na análise da situación política do momento.

En 2014 conseguiu o Premio Luceira de comunicación social, xunto a Galiza Ano Cero e a revista feminista Andaina.[4]

En 2018 produciu o documental Un país de cinzas.[5]

  1. "Galiza Contrainfo". www.facebook.com. Consultado o 2019-03-19. Comezo en febreiro de 2010, Galiza Contrainfo é unha iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega.
  2. "manifestaçom do foro da mocidade de vigo (21-01-2010)". 2010-01-21. Consultado o 2019-03-19.
  3. Insurrección en Grecia tralo asasinato policial de Grigoropoulos (6-8 de decembro do 2008) (Galiza Contrainfo). 11/03/2013.
  4. "Galiza Contrainfo, Galiza Ano Cero e a revista Andaina gañan os Premios Luceira de comunicación social - EAPN Galicia – Rede galega contra a pobreza". Consultado o 2024-07-15.
  5. "Un país de cinzas". Nós Televisión. 2018-10-17. Consultado o 2019-03-19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]