Saltar ao contido

Gael García Bernal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGael García Bernal

(2025) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Guadalaxara Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBuenos Aires
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
EducaciónCentral School of Speech and Drama
Edron Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de televisión, director de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Familia
ParellaDolores Fonzi (2007–2014) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webgaelonline.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0305558 Allocine: 34249 Allmovie: p294532 TCM: 508971
Twitter: GaelGarciaB Instagram: gaelgarciab BNE: XX1598424 Musicbrainz: 443414f4-5023-4254-ae56-ab746bd2edcd Discogs: 954842 WikiTree: García_Bernal-2 Editar o valor en Wikidata

Gael García Bernal, nado o 30 de novembro de 1978 en Guadalaxara, Xalisco, é un actor mexicano de teatro, televisión e cinema. Tamén é produtor e director.

Televisión

[editar | editar a fonte]

Gael é fillo dos actores José Ángel García e Patricia Bernal. Iniciou con eles a súa carreira artística actuando en teatro. Aos 11 anos participou na súa primeira novela, Teresa protagonizada por Salma Hayek. Tres anos máis tarde tivo o seu primeiro papel estelar na novela El abuelo y yo ao carón de Ludwika Paleta e Diego Luna.

Foi para Londres para estudar actuación na Central School of Speech and Drama e ao volver para México actuou en curtas como De tripas corazón, que foi nomeado ao Óscar. O seu primeiro filme foi Amores perros, dirixido por Alejandro González Iñárritu no 2000. Este filme foi un éxito de recadación e foi nomeada ao óscar como mellor filme de fala non inglesa. No ano 2001 filmou Y tu mamá también, de Alfonso Cuarón, unha película cargada de sensualidade que malia non ser elixida por México para representar o seu país nos óscares, foi nomeada ao mellor guión. No 2002, actuou en El crimen del padre Amaro, baseado nun texto de Eça de Queirós, interpretando o papel que lle dá nome ao filme. Esta película foi tamén nomeada ao óscar como mellor filme de fala non inglesa. No 2004 actuou nas exitosas películas, Diarios de motocicleta do brasileiro Walter Salles, baseada na vida do Che Guevara e en La mala educación de Pedro Almodóvar.

A biografía de Gael está incluída na Enciclopedia Británica. A revista People en Español incluíu a Gael nas listaxes de Artista mellor vestido, Solteiro máis desexado e As 50 belezas latinas. A revista para homes GQ nomeouno un dos Homes do ano no 2004, a canda o estadounidense Tom Cruise e o británico Jude Law.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloPapel Notas
2000Queen of SwordsChurriEpisodio "Honor Thy Father"
2000Amores perrosOctavio
2001Sin Noticias de DiosDavenportNomeado ó Goya ó mellor actor secundario
2001Vidas privadasGustavo 'Gana' Bertolini
2001Y tu mamá tambiénJulio Zapata
2001El ojo en la nucaPablo Urrutia
2002I'm with LucyGabriel
2002FidelErnesto "Che" Guevara
2002El Crimen del Padre AmaroPadre Amaro
2003Dreaming of JuliaRicky
2003Dot the IKit Winter
2004Bad EducationÁngel/Juan/Zahara
2004Diarios de motocicletaErnesto "Che" Guevara
2005The KingElvis
2006BabelSantiago
2006The Science of SleepStéphaneFilme francés, escrito e dirixido por Michel Gondry
2007DéficitCristobalTamén director e produtor
2007El PasadoRímini
2008BlindnessKing of Ward 3
2008Rudo y CursiTatto
2009MammothLeo Vidales
2009The Limits of ControlMexicano
20098 - 'The Letter'-Produtor, Escritor e Director
2010Letters to JulietVictor
2010También la lluviaSebastián
2010José and PilarEl mesmoDocumental sobre José Saramago
2011A Little Bit of HeavenJulian Goldstein
2011Casa de Mi PadreOnza
2011The Loneliest PlanetAlex

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas

    [editar | editar a fonte]