Joan Jett
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1958 (66 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Educación | Wheaton High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Lugar de traballo | Os Ánxeles |
Ocupación | guitarrista, produtora musical, actriz de televisión, vocalista, cantautora, cantante, actriz, artista discográfico |
Período de actividade | 1975 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Guitarra, voz e baixo |
Selo discográfico | Blackheart Records (pt) MCA Records Epic Records Warner Music Group |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | joanjett.com |
|
Joan Jett, nada co nome de Joan Marie Larkin en Filadelfia (Pensilvania) o 22 de setembro de 1958, é unha actriz, cantante, produtora e guitarrista estadounidense. É coñecida polos seus hits "I Love Rock 'N Roll", que estivo no número 1 das listas do Billboard do 20 de marzo ao 8 de maio de 1982, "Crimson and Clover", "Do You Wanna Touch Me", "Light of Day", "I Hate Myself For Loving You", "Little Liar" e "Love Is All Around".
Probablemente Joan Jett sexa a figura feminina máis importante da historia do rock. Bandas como Bikini Kill, Shonen Knife, L7, The Yeah Yeah Yeahs, Kittie, The Donnas ou Hole declararon publicamente a influencia de Joan na súa música.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 15 anos, Joan formou The Runaways con outras tres rapazas, Sandy West, Lita Ford e Cherie Currie. Joan cantaba, tocaba a guitarra rítmica e escribía moito do material da banda. A banda gravou cinco LPs e xirou por todo o mundo tendo de abreconcertos entre outros a Cheap Trick, Van Halen e Tom Petty and The Heartbreakers. Tiveron especialmente éxito no Xapón.
Mentres que The Runaways eran moi populares en Europa, Xapón, Australia, Canadá e tamén en Suramérica, eles non tiveron o mesmo éxito nos Estados Unidos. Parte diso debeuse a que este país, e a súa prensa musical especialmente, non estaba acostumada a que unha banda de mulleres adolescentes fixese música en serio. The Runaways separouse en 1979.
Foi nesa época cando Jett, considerada unha figura na escena punk rock, produciu o único álbum de The Germs. Esta gravación é considerada o equivalente estadounidense do Never Mind The Bollocks dos Sex Pistols.
Na primavera de 1979, Joan foi a Inglaterra para comezar unha carreira en solitario. Mentres estivo alí, fixo tres temas cos ex-Sex Pistols Paul Cook e Steve Jones (unha delas era unha versión temperá de "I Love Rock N' Roll"). De volta aos Ánxeles, Joan comezou a rodar unha película baseada en The Runaways chamada We're All Crazee Now!. A película nunca foi editada, pero durante a realización do proxecto Joan coñeceu ao compositor e produtor Kenny Laguna. Fixéronse bos amigos e decidiron traballar xuntos.
Jett e Laguna entraron nos estudios The Who’s Ramport Studios para gravar o debut en solitarios da primeira. O disco Joan Jett foi editado en Europa, pero nos Estados Unidos nada menos que 23 grandes selos rexeitaron o disco. Jett e Laguna editárono independentemente no seu propio selo Blackheart Records. Deste xeito, Jett converteuse na primeira intérprete feminina en crear o seu propio selo discográfico.
A parella usou os seus aforros persoais para gravar a crear o seu propio sistema independente de distribución, moitas veces vendendo os álbums no seu coche despois dos concertos.
Coa axuda de Laguna, Jett formou The Blackhearts. A banda foi creada a comezos dos anos 80, e ademais de Jett estaba composta por Ricky Byrd, John Doe, Gary Ryan e Eric Ambel.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joan Jett |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |