Wallace Shawn
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Wallace Michael Shawn 12 de novembro de 1943 Nova York, Estados Unidos de América |
| Residencia | Chelsea (pt) |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Universidade Harvard The Putney School HB Studio Collegiate School (en) Magdalen College Harvard College Dalton School |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, actor de xénero, guionista, actor de cinema, dramaturgo, escritor, actor de dobraxe, actor de televisión |
| Período de actividade | 1967 |
| Empregador | Universidade de Oxford |
| Membro de | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Parella | Deborah Eisenberg |
| Pai | William Shawn |
| Irmáns | Allen Shawn |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Wallace Michael Shawn, nado o 12 de novembro de 1943 en Nova York, é un actor, actor de voz, cómico e escritor estadounidense. Entre as súas interpretacións máis recoñecidas salientan o seu papel como Wally Shawn (un versión ficticia de si mesmo) na comedia My Dinner with Andre (1981), Vizzini no filme A princesa prometida (1987), Mr. James Hall en Clueless (1995) e a voz de Rex na franquía cinematográfica de Toy Story. Tamén interpretou diferentes papeis en seis filmes de Woody Allen. Entre os seus traballos máis destacados en televisión están o seu papel como Grand Nagus Zek en Star Trek: Deep Space Nine (1993–1999), Cyrus Rose en Gossip Girl (2008–2012) e Dr. John Sturgis en Young Sheldon (2018–).
Entre as súas obras de teatro están Aunt Dan and Lemon (1985), The Designated Mourner (1996) e Grasses of a Thousand Colors (2008). Tamén escribiu o guión de My Dinner with Andre xunto con Andre Gregory, e A Master Builder (2013), unha adaptación cinematográfica da obra de Henrik Ibsen, a cal tamén protagonizou.[1] O seu libro Essays foi publicado no ano 2009 pola editorial Haymarket Books.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ciampaglia, Dante A. (1 de agosto de 2014). "Film Review: A Master Builder". Architectural Record. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)