Moulinsart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Château de Cheverny, no que se baseou o deseño do Castelo de Moulinsart

Moulinsart (francés: Le château de Moulinsart [mu.lɛ̃.saʁ]), é a casa de campo do capitán Haddock, o Castelo de Moulinsart ou Mansion Pasador, é un lugar ficticio nas bandas deseñadas de As aventuras de Tintín, do debuxante e guionista de Bélxica, Hergé.

O nome orixinal en francés do castelo, "Moulinsart", deriva de Sart-Moulin, unha aldea próxima a Braine-l'Alleud no Brabante Valón, Bélxica. Polo que na banda deseñada supónse situado nalgún lugar probablemente de Valonia. Nas aventuras de Tintín é, a partir dun determinado momento, a residencia habitual do protagonista, Tintín, o seu can Milú, do capitán Haddock e do profesor Tornasol, ademais do mordomo Néstor. As súas características están inspiradas no castelo de Cheverny, da rexión francesa do Loira, aínda que Hergé suprimiu as ás laterais para darlle unha aparencia máis modesta.

A corporación belga que xestiona a obra de Hergé (principalmente Tintín) tamén se denomina Moulinsart S.A.

Historia[editar | editar a fonte]

Moulinsart aparece por primeira vez en O segredo do alicorno. Aparece inicialmente como a residencia dos irmáns Paxaro, unha parella de gángsteres anticuarios que se enfrontarán con Tintín e Haddock. Ao termo da aventura descóbrese que o castelo pertencera ao cabaleiro Francisco de Hadoque, quen o recibiu como agasallo de Luís XIV de Francia en premio ás súas actividades corsarias. Este cabaleiro é, casualmente, antepasado de Haddock e dono do tesouro que Tintín e o capitán buscan ao longo de toda a historia. Ao final de O tesouro de Rackham o Roxo, a mansión é comprada polo profesor Tornasol en nome do capitán a cambio de ter permitido probar o seu submarino en forma de tiburón na expedición do alicornio e atopán o fabuloso tesouro escondido na antiga capela do pazo, nas bodegas, Haddock mantén no seu posto ao mordomo Néstor.

Desde entón, Moulinsart aparece en case todas as aventuras de Tintín. A trama de As xoias da Castafiore desenvólvese enteiramente no castelo e os seus arredores.

No álbum que segue cronolóxica e argumentalmente a O segredo do alicornio, O tesouro de Rackham o Roxo, atopamos a Haddock convertido nun aristócrata, fascinado sen dúbida pola súa nova casa, aínda que aos poucos irá perdendo os aires de novo rico. Tintín parece vivir aínda no seu modesto piso (como dato curioso, antes de comprar Moulinsart Haddock era o veciño de arriba de Tintín).

O pobo próximo ao castelo parece ben provisto: ten unha estación de tren, unha leitería chamada Lactas, un marmorista, Isidore Boullu, unha orquestra, A Harmonía de Moulinsart, a carnicería Sanzot, un podador, Émile Vanneau, un vertedoiro municipal e un posto de xendarmería.

Descrición[editar | editar a fonte]

O Château de Cheverny usouse como modelo para Moulinsart. A torre central e dúas ás interiores son idénticas e non se usaron as dúas ás exteriores.
Simulación de Cheverny coas ás exteriores eliminadas

Moulinsart preséntase como unha gran e luxosa vivenda adornada con numerosas obras de arte, mobiliario antigo e unha galería dos tesouros históricos da familia Haddock. Os terreos inclúen un parque con extensos bosques, amplos céspedes, un xardín de rosas, un alto muro circundante, polo menos dúas portas, un prado veciño e polo menos un edificio contiguo (usado polo profesor Tornasol como laboratorio en O caso Tornasol ). Parece que o tamaño da casa e do parque requiriría dun número de persoal doméstico e de xardinería, pero só se ve un, o fiel Néstor, que servía de mordomo do castelo. [N 1]

O castelo está inspirado na sección central do castelo de Cheverny, unha casa solariega de Francia. Hergé eliminou as ás externas do edificio orixinal, dicindo que unha cousa era que o capitán Haddock hérdara unha fermosa residencia, e outra cousa era que herdase unha casa señorial.[1]

Localización[editar | editar a fonte]

Moulinsart encóntrase en Bélxica. Detalles como as matrículas dos coches, o tráfico que circula pola parte dereita da estrada e a aparición da policía de Moulinsart (que levan os uniformes negros e vermellos da Xendarmería belga) confirman que a intención de Hergé era localizar o castelo na súa Bélxica natal. Ademais, explícase en O tesouro de Rackham o Roxo que a mansión construíuse por un antepasado do capitán Haddock, o cabaleiro François de Hadoque, un capitán do barco da Armada francesa baixo o Rei Luís XIV de Francia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Back story". Secret of the Unicorn. Herge - Tintin (Official website). Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  1. Aínda que se menciona un xardineiro unha vez nas últimas páxinas de Stock de coque.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]