Tintín e o lago dos tiburóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tintín e o lago dos tiburóns
Título orixinalTintin et le Lac aux Requins
Autor/aHergé
OrixeBélxica Bélxica
LinguaFrancés
ColecciónAs aventuras de Tintín
Xénero(s)Aventuras
EditorialCasterman
Data de pub.Filme 1972
FormatoFilme, con recompilación en álbum
Páxinas62
ISBNISBN 84-261-2092-X
Precedido porVoo 714 para Sidney
Seguido porTintín e os pícaros
EditorEditorial Juventud
TraduciónValentín Arias López
editar datos en Wikidata ]

Tintín e o lago dos tiburóns (en francés Tintin et le Lac aux Requins) é unha película de debuxos animados de Tintín, dirixida por Raymond Leblanc en 1972. A primeira edición en galego foi en 1984 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.

Características[editar | editar a fonte]

A película non foi escrita nin debuxada por Hergé, creador do personaxe, senón polo historietista belga Michel Regnier, máis coñecido polo seu pseudónimo de Greg. Jacques Careuil o encargado de darlle a voz ao protagonista no idioma orixinal.

Tras a estrea do filme realizouse unha adaptación á banda deseñada, usando como viñetas fotogramas da película, e engadindo globos de diálogo procedentes do guión.

Sinopse[editar | editar a fonte]

En Sildavia, cerca do lago Flechizoft, está o profesor Tornasol, que invitou a Tintín e ao Capitán Haddock a pasar unhas vacacións. O avión no que viaxan Tintín e Haddock sofre un accidente en estrañas circunstancias. Tras ser salvados por dous pequenos syldavos, finalmente chegan a casa do profesor, quen lles mostra o seu último traballo: unha máquina capaz de reproducir todos os obxectos en tres dimensións.

As infinitas posibilidades que ofrece tal descubrimento suscitan perigosas cobizas, en particular do odioso Rastapopoulos, disposto a todo para apropiarse do xenial invento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]