Mosteiro de Haghpat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°05′37″N 44°42′43″L / 41.093716, 44.712073

Mosteiro de Haghpat
Porta de entrada a un dos edificios labrada artisticamente.
Mosteiro de Haghpat en Armenia
Mosteiro de Haghpat
Mosteiro de Haghpat
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Armenia
LocalizaciónHaghpat
TipoCultural
Criteriosii, iv
Inscrición1996 (XX edición)
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador777

O mosteiro de Haghpat, tamén coñecido como Haghpatavank (en armenio: Հաղպատավանք), é un mosteiro medieval que se atopa en Haghpat, Armenia.[1] Construíuse entre os séculos X e XIII. Descrito como unha "obra mestra da arquitectura relixiosa e un importante centro de aprendizaxe na Idade Media", o mosteiro de Haghpat, xunto co mosteiro de Sanahin, foron considerados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1996.[2][3][4] Os mosteiros de Haghpat e Sanahin foron elixidos como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO porque:

Os dous complexos monásticos representan o máis alto florecemento da arquitectura relixiosa armenia, cuxo estilo único desenvolveuse a partir dunha mestura de elementos da arquitectura eclesiástica bizantina e a arquitectura vernácula tradicional da rexión caucásica.[1]

Hoxe a zona é un lugar turístico cada vez máis popular.

Localización[editar | editar a fonte]

Mapa de estradas da zona de Haghpat-Sanahin.

A localización do mosteiro de Haghpat escolleuse para que tivese vistas ao río Debed na provincia de Lori, ao norte de Armenia. Foi construído, non nun cumio, senón a media ladeira dun outeiro nun lugar elixido para ofrecer protección e ocultación de miradas indiscretas e tamén como resposta a unha especie de humildade monástica. Está construído sobre un promontorio verdoso situado no medio dun glaciar de montaña, que adoita estar envolta de nubes. Un pico na beira oposta do río supera os 2.500 metros de altura. Os mosteiros do norte de Armenia non están illados, a diferenza dos seus homólogos das rexións áridas do país. Construíronse nun ambiente de aldea e Haghpat está rodeada de moitas aldeas.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 UNESCO, "Monasteries of Haghpat and Sanahin"
  2. "Monasteries of Haghpat and Sanahin". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  3. "Monasteries of Haghpat and Sanahin (Documents)". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "The monastery of Haghpat" de Elisabeth Baudourian, UNESCO Courier, maio de 1998

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]