Catedral de Etchmiadzin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°09′43″N 44°17′28″L / 40.161861111111, 44.291

Catedral de Etchmiadzin
Vista da catedral.
Catedral de Etchmiadzin en Armenia
Catedral de Etchmiadzin
Catedral de Etchmiadzin
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Armenia
LocalizaciónVagharshapat
TipoCultural
Criteriosii, iii
Inscrición2000 (XXIV edición)
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador1011

A catedral de Etchmiadzin (en armenio: Էջմիածնի մայր տաճար; Ēǰmiatsni mayr tačar) ou catedral da Santa Etchmiadzin[1][2] é a igrexa nai da Igrexa apostólica armenia. Atópase na cidade coñecida de maneira dual como Etchmiadzin (Ejmiatsin) ou Vagharshapat, en Armenia.[3][4] É considerada a primeira catedral construída na antiga Armenia, e a miúdo considérase a catedral máis antiga do mundo.

A igrexa orixinal foi construída a comezos do século IV[5] —entre o 301 e o 303 segundo a tradición— polo santo patrón de Armenia Gregorio o Iluminador, tras a adopción do cristianismo como relixión estatal polo rei Tiridates III. Foi construído sobre un templo pagán, simbolizando a conversión do paganismo ao cristianismo. O núcleo do edificio actual foi construído en 483/4 por Vahan Mamikonian despois de que a catedral fose gravemente danada nunha invasión persa. Dende a súa fundación ata a segunda metade do século V, Etchmiadzin foi a sé do Catholicos, o xefe supremo da Igrexa armenia.

Como o centro do cristianismo armenio, Etchmiadzin foi un lugar importante en Armenia non só relixiosamente, senón tamén política e culturalmente.[6] Un importante lugar de peregrinación, é un dos lugares máis visitados do país.[7] Xunto con varias igrexas medievais importantes situadas nas proximidades, a catedral foi catalogada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2000.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Azadian, Edmond Y. (1999). History on the Move: Views, Interviews and Essays on Armenian Issues. Detroit: Wayne State University Press. p. 211. ISBN 978-0-8143-2916-0. 
  2. Melton, J. Gordon; Baumann, Martin, eds. (2010). Religions of the World: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and Practices (2nd ed.). Santa Barbara, California: ABC-CLIO. p. 186. ISBN 978-1-59884-204-3. 
  3. A cidade chamouse Vagharshapat durante a maior parte da súa historia. Chamábase oficialmente Etchmiadzin ou Ejmiatsin entre 1945 e 1995. Hoxe en día, ambos os dous nomes utilízanse de forma intercambiable.
  4. "Պատմաաշխարհագրական ակնարկ [Historical-geographic overview]" (en armenio). Armavir Province: Armenian Ministry of Territorial Administration. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de abril de 2014. ...Վաղարշապատ (1945–1995թթ. կոչվել է Էջմիածին) քաղաքը... 
  5. Arakelian et al. 1984, p. 571.
  6. Jaloyan, Vardan. "Էջմիածնի կաթողիկոսության հիմնադրման քաղաքական և աստվածաբանական հանգամանքները [Theological and political circumstances of the foundation of the Etchmiadzin Catholicosate]" (en armenio). Religions in Armenia. Arquivado dende o orixinal o 2014-04-11. Consultado o 11 de abril de 2014. 
  7. "The number of foreign tourists visiting Armenia expected to surge to one million". ARKA News Agency. 30 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2015. Foreign tourists usually visit the pagan temple of Garni, Geghard Monastery, Holy Etchmiadzin and Lake Sevan. 
  8. "Cathedral and Churches of Echmiatsin and the Archaeological Site of Zvartnots". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021.