Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O mosteiro de Sanahin (en armenio:Սանահին վանք; Sanahin vank) é un mosteiro medieval do século X que se atopa en Sanahin, Armenia.[1] O nome Sanahin tradúcese literalmente do armenio como 'este é máis vello ca aquel', presumiblemente representando unha afirmación de ser un mosteiro máis antigo ca o veciño mosteiro de Haghpat. As dúas aldeas e os seus mosteiros son semellantes en moitos aspectos, e atópanse á vista o un do outro nunha formación de meseta diseccionada, separadas por unha profunda fenda formada por un pequeno río que desemboca no río Debed.