The Gathering é unha banda neerlandesa de rock alternativo, fundada no ano 1989 polos irmáns Hans e René Rutten e o vocalista Bart Smits na pequena cidade de Oss.
En agosto do ano 2007 Anneke van Giersbergen deixou a banda para centrarse no seu proxecto en solitario Agua de Annique. O 12 de marzo do 2009 The Gathering anunciou que a súa substituta sería a vocalista Silje Wergeland (ex-Octavia Sperati).