Saltar ao contido

Dimmu Borgir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dimmu Borgir
 Instancia de
 Xénero
 Selo discográfico
Obra
 Discografía
Datas
 Inicio de actividade
1993 Editar o valor en Wikidata
 Data de fundación
1993 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
 País de orixe
Premios
Identificadores
VIAF158476974 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123755607 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: dimmuborgir Twitter: dimmuborgir Instagram: shagrathofficial MySpace: dimmuborgir Youtube: UCgg-TIB8uG0tlGnJvVe0y6g Spotify: 6e8ISIsI7UQZPyEorefAhK Apple Music: 15621683 Last fm: Dimmu+Borgir Musicbrainz: 17167af8-c1da-45cc-bba2-9d23f068b7a3 Songkick: 178908 Discogs: 108948 Allmusic: mn0000214580 Deezer: 123 Genius: Dimmu-borgir Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Dimmu Borgir (Fortaleza Escura, en noruegués) é unha banda musical norueguesa de black metal sinfónico con reminiscencias de black metal melódico. O nome do grupo fai referencia a un conxunto de covas formadas por lava en Islandia que segundo os noruegueses son a entrada ao averno infernal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dimmu Borgir foi fundado orixinalmente en 1990 por Shagrath, Silenoz e Tjodalv. A banda inmediatamente sacou ao mercado un LP titulado Inn I Evighetens Mørke en 1993 (Dentro da eternidade da escuridade). Este disco vendeu todas as súas copias en poucas semanas. A continuación sacaron For All Tid 1994 (En todo momento). En 1996 sacaron Stormblåst (algo así como Vento da tormenta), álbum eloxiado por moitos fans e sinalado, por algúns, como un dos principais da súa carreira.

Despois de Stormblåst a carreira de Dimmu Borgir tomou un novo rumbo. O teclista Stian Aarstad deixou a banda para cumprir o servizo militar no exército noruegués, de maneira que non participou na gravación de Devil's Path en 1996. Cando volveu para gravar Enthrone Darkness Triumphant, en 1997, tiña problemas para atender todas as datas do tour e foi expulsado da banda. Este disco foi un éxito de vendas e foi o primeiro que sacaron baixo o selo da discográfica Nuclear Blast.

Os seguintes foron Spiritual Black Dimensions 1999 e Puritanical Euphoric Misanthropia 2001. En 2003, Dimmu Borgir apostou co seu maior impulso financeiro para crear o álbum Death Cult Armageddon e en 2007 crearon "In sorte diaboli". Partes deste disco foron gravados pola Orquestra Filharmónica de Praga para incluír arranxos musicais de música clásica. Este álbum abre un novo horizonte ao black metal, dotándoo dunha maior heteroxeneidade grazas á súa fusión coa música clásica.

Recentemente, Dimmu Borgir lanzou o "remake" do tan aclamado disco Stormblåst cheo do novo estilo característico da banda: melodías e arranxos complexos, combinados con teclados sobresaíntes e coros.

Dimmu Borgir forma parte deses grupos que cambiaron o seu estilo cru a algo máis sinfónico e con menos voz gutural, como Cradle Of Filth e The Kovenant; logrando un metal extremo máis accesible ao público, no canto de tocar só os estratos mesmos do xénero, chegando a tocar no Ozzfest de 2004 con grande afluencia de público e no último Wacken Festival en Alemaña ante 25.000 persoas.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Discografía de Dimmu Borgir.

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
* For All Tid (1994)
* Stormblåst (1995)
* Enthrone Darkness Triumphant (1997)
* Spiritual Black Dimensions (1999)
* Puritanical Euphoric Misanthropia (2001)
* Death Cult Armageddon (2003)
* Stormblåst MMV (2005)
* In Sorte Diaboli (2007)
* Abrahadabra (2010)
* Eonian (2018)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]