Este artigo amosa escritos mongois. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Hulunbuir ou Hūlúnbèi'ěr (mongol:ᠬᠥᠯᠥᠨ ᠪᠤᠶᠢᠷ ᠬᠣᠲᠠ Kölön Buyir qota; (en chinés), Hūlúnbèi'ěr) é unha rexión gobernada como unha cidade prefectura no nordeste de Mongolia Interior, na China. O seu centro administrativo atópase en Hailar, a meirande área urbana. As principais características da paisaxe son as altas estepas de Hulun Buir, os lagos Hulun e Buir (o último parcialmente en Mongolia), e o Gran Khingan. Hulun Buir limita con Rusia polo norte e o oeste, con Mongolia polo sur e oeste, coa provincia de Heilongjiang polo leste e con Hinggan polo sur. Hulunbuir é unha área lingüisticamente diversa: ademais do mandarín tamén se falan dialectos do mongol como o khorchin e o buriato, a lingua daur e algunhas linguas tungús.