Saltar ao contido

Provincia de Govi-Altai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As montañas Altai.

A provincia de Govi-Altai (en mongol Говь-Алтай аймаг, Govi-Altai aimag) á unha das 21 aimags (provincias) de Mongolia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Localización da provincia de Govi-Altai.

Foi fundada no ano 1940.

Está situada no suroeste do país, e ocupa unha superficie de 141 447 km².[1]

Segundo o censo do ano 2000 tiña unha poboación total de 63 673 habitantes, polo que nese ano a súa densidade de poboación era de 0,4 hab./km².

A súa capital é a cidade de Altai.

A Erdeni Chuluuta Uula (en mongol Эрдэни чулуута Уул) é unha montaña desta provincia, cuxo cume alcanza os 2 399 m.[2]

Subdivisións administrativas

[editar | editar a fonte]

A provincia divídese administrativamente en 18 distritos ou sum (en mongol, сум, 'frecha').[3]

Mapa dos sums (distritos) da provincia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Mongolia. General Information". geohive.com. Consultado o 28 de marzo de 2019. 
  2. Erdeni Chuluuta Uula en geonames.org.
  3. Montsame News Agency. Mongolia. 2006, Foreign Service office of Montsame News Agency. ISBN 9-9929-0627-8, p. 46

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]