Miocardiopatía
Aparencia
As miocardiopatías constitúen un grupo de doenzas do músculo cardíaco, que comportan unha deterioración da función do miocardio. Os doentes dunha miocardiopatía teñen sempre máis risco de sufriren parada cardíaca, morte súbita e adoito arritmias. Existen varias doenzas que afectan directamente ao micoradio, excluíndo aquelas que son consecuencia de isquemia, valvulopatías, ou hipertensión arterial e carecen de infiltrado inflamatorio ao estudo microscópico.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Miocardiopatías extrínsecas
[editar | editar a fonte]- Miocardiopatía hipertensiva
- Miocardiopatía valvular
- Miocardiopatía Inflamatoria
- Miocardiopatía por mor dunha doenza metabólica sistémica
- Miocardiopatía alcólica
Miocardiopatías intrínsecas
[editar | editar a fonte]- Miocardiopatía dilatada (MCD)
- Miocardiopatía hipertrófica (MCH)
- Miocardiopatía ou displasia arritmoxénica ventricular dereita (CAVD ou DAVD)
- Miocardiopatía restritiva (MCR)
- Miocardiopatía esponxiforme
- Canalopatías iónicas, tales como a síndrome do QT longo ou de Brugada, a taquicardia ventricular polimórfica e a síndrome do QT curto.