Mila Kunis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mila Kunis
Mila Kunis 2008.jpg
Mila Kunis
Nacemento Milena Markovna Kunis
14 de agosto de 1983 (30 anos)
Chernivtsi, República Socialista Soviética de Ucraína, Unión Soviética Unión Soviética
Profesión actriz
Ficha na IMDb

Milena Markovna Kunis (Милена Маркοвна Кунис, Мілена Марківна Куніс), nada en Chernivtsi (Ucraína) o 14 de agosto de 1983 é unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kunis nada na RSS de Ucraína (actual Ucraína) procedente dunha familia xudía. Filla de Elvira, unha profesora de física e Mark Kunis, un enxeñeiro mecánico. É a maior das súas irmáns. A súa familia mudouse a Los Angeles en 1991 tras separarse a súa nai do seu pai. Segundo ela mesma comentou algunha vez, mellorou o seu inglés vendo o concurso de televisión The Price is Right. Nos Ánxeles estudou na Hubert Howe Bancroft Middle School. Recibiu clases particulares mentres traballaba na serie That 70's Show. Cando non estaba no plató, estudaba na Fairfax Senior High School.

Actualmente sae co actor Macaulay Culkin.

E famosa polas súas interpretacións en series de televisión. Interpreta a Jackie Burkhart de That 70's Show e é a voz de Meg Griffin en Family Guy.

Carreira[editar | editar a fonte]

Aos nove anos compaxinaba o colexio coas clases de interpretación na Beverly Hills Studios, onde coñeceu ao seu actual mánager Susan Curtis. Empezou aparecendo en pósters, catálogos e anuncios de televisión de produtos infantís da marca de Lisa Frank, monecas Barbie e zapatos Payless Shoes. Tamén traballou coma modelo pra Guess?, Girls Clothing Campaign. O seu primeiro papel televisivo foi a moza Hope Williams nun episodio da popular Soap opera Days of Our Lives.

Antes de actuar en That 70's Show, Kunis apareceu nalgunhas películas coma Santa With Muscles, Honey, We Shrunk Ourselves coma personaxe secundaria e na película de Angelina Jolie, GIA. Tamén tivo un pequeno papel en 7th Heaven coma némese de Lucy.

En 1998 entrou a formar parte do reparto da serie That 70's Show interpretando a Jackie. No cásting previo estableceuse que o papel de Jackie debería ser interpretado por unha rapaza maior de 18 anos, así que Kunis apuntouse o cásting alegando que "no seu aniversario" chegaría á idade marcada (aínda que nunca especificou a que aniversario se refería). Realmente a actriz tiña 14 anos nese momento, dato que foi descuberto despois de conseguir o papel, a pesar do cal puido conservalo malia engañar aos directores. Foi considerada coma a persoa que mellor encaixaba co personaxe e valoraron a súa creatividade á hora de conseguir a audición a pesar da súa idade.

A súa participación nesta serie deuna a coñecer entre o gran público estadounidense. A súa interpretación recibiu sete candidaturas aos Teen Choice Award da cadea Nickelodeon, pero nunca gañou. Kunis, pola súa parte, comentou en multitude de ocasións que non se parece en nada a Jackie na vida real.

Actualmente Kunis é a voz de Meg Griffin na serie de animación Family Guy, e no 2007 recibiu unha candidatura o Annie Award. Tamén pon voz a varios personaxes de Robot Chicken, un programa enmarcado dentro do bloque Adult Swing de Cartoon Network. Tamén entrou no mundo dos videoxogos coma dobradora de Tanya no Saints Row, do mesmo modo que repetiu coma Meg, esta vez na adaptación no videoxogo de Family Guy.

Por outro lado, apareceu en vídeos musicais coma os videoclips de Aerosmith "Jaded", Vitamine C "The Itch", The Strokes "The End Has No End" e Mam Taylor xunto a Joel Madden "LA Girls" saíndo xunto a Carmen Electra.

Kunis foi modelo para revistas coma Stuff e Maxim.

Respecto a aparicións en películas tivo papeis importantes en Get Over It xunto a Kirsten Dunst, American Psycho II: All American Girl con William Shatner, After Sex, Boot Camp e Moving McAllister con Jon Heder.

A súa aparición máis recentes na pantalla grande foi interpretando a Rachel Jansen na película de 2008 Forgetting Sarah Marshall, compartindo cartel xunto a Jason Segel, Kristen Bell, Russell Brand, Jonah Hill e Bill Hader. A súa interpretación recibiu outra nomeamento para os Teen Choice Award. No 2008 participou xunto a Mark Wahlberg e Ludacris na película Max Payne.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine
Ano Título Papel Notas
1995 Make a Wish, Molly Melinda
1995 Piranha Susie Grogan Telefilme
1996 Santa with Muscles Sarah
1997 Honey, We Shrunk Ourselves Jill Estrea en vídeo
1998 Gia Gia at Age 11
1998 Krippendorf's Tribe Abbey Tournquist
1998 Milo Martice Sen acreditar
2001 Get Over It Basin
2002 American Psycho 2 Rachael Estrea en DVD
2004 Tony n' Tina's Wedding Tina
2005 Stewie Griffin: The Untold Story Meg Griffin (voz) Estrea en vídeo
2007 After Sex Nikki
2007 Moving McAllister Michelle
2007 Boot Camp Sophie
2008 Forgetting Sarah Marshall Rachel Jansen
2008 Max Payne Mona Sax
2009 Tom Cool Little Boy Matson
2009 Extract Cindy
2010 The Book of Eli Solara
2010 Date Night Whippit
2010 Black Swan Lily
2011 Friends with Benefits Jamie Rellis
2012 Ted Lori Collins
2012 Tar Catherine
2013 Oz: The Great and Powerful Theodora
2013 Blood Ties Natalie
2013 Hell & Back Deema (voz)
2013 The Angriest Man in Brooklyn
2014 The Third Person

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]