Oz: The Great and Powerful

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oz the Great and Powerful
Oz the Great and Powerful Logo Black.svg
Ficha técnica
Título orixinal Oz the Great and Powerful
Director Sam Raimi
Produtor Joe Roth
Produtora:Roth Films
Curtis-Cohen Productions
Guión Mitchell Kapner
David Lindsay-Abaire
Baseado en The Wonderful Wizard of Oz de L. Frank Baum
Intérpretes James Franco
Mila Kunis
Rachel Weisz
Michelle Williams
Zach Braff
Bill Cobbs
Joey King
Música Danny Elfman
Distribuidora Walt Disney Pictures
Estrea 2013
Duración minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Fantasía / aventuras
Filme anterior ‘’The Wizard of Oz (filme de 1939)’’
Filme seguinte ‘’The Wizard of Oz (filme de 2014)’’ (título sen confirmar)

Oz: The Great and Powerful (en galego Oz: O grande e poderoso) é un filme de fantasía e aventuras estadounidense de 2013, dirixido por Sam Raimi. O filme inspírase na novela de 1900 de L. Frank Baum, O mago de Oz (The Wonderful Wizard of Oz -‘’O marabilloso feiticeiro de Oz’’), e é unha precuela do filme de 1939, O feiticeiro de Oz. O filme está protagonizado por James Franco, que interpreta a Oscar Diggs, tamén coñecido coma o Feiticeiro de Oz. Tamén é protagonizado por Mila Kunis como Theodora, Michelle Williams como Glinda, e Rachel Weisz como Evanora. En Galiza estréase en marzo de 2013 en castelán co título: Oz: un mundo de fantasía. Tamén pode verse en 3D.

Argumento[editar | editar a fonte]

O filme desenvólvese antes dos acontecementos do filme de 1939. Oscar Diggs (James Franco), un mago-feiticeiro de circo de pouca reputación e cunha ética dubidosa, fuxe nun globo dunha actuación do seu circo nunha pequena aldea de Kansas e, logo de dar cunha tempestade, é transportado ao mundo de Oz. Alí coñece ás meigas Theodora (Mila Kunis) e Evanora (Rachel Weisz), e finalmente , na procura da bruxa mala, atopa á meiga boa Glinda (Michelle Williams). Elas non están convencidas de que el sexa o gran feiticeiro que todos os cidadáns de Oz agardan. Sen querer mergúllase nos problemas que ten a épica Terra de Oz, e Oscar terá que descubrir quen é bo e quen malo realmente antes de que sexa demasiado tarde. Grazas á súa arte como ilusionista e o seu enxeño, intentará converterse, non só no grande e poderoso mago de Oz, senón nunha persoa bondadosa.

Produción[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Logo do lanzamento de grande éxito de Snow White and the Seven Dwarfs (‘’Branca Neve e os sete ananos’’) en 1937, Walt Disney estudaba producir unha película de animación baseada nos primeiros libros de L. Frank Baum. Roy O. Disney, irmán de Walt Disney e co-fundador de The Walt Disney Company, foi informado dos bens de Baum que venderan os dereitos cinematográficos do primeiro libro de Samuel Goldwyn, quen o volve vender a Louis B. Mayer en 1938. O proxecto foi desenvolvido pola Metro-Goldwyn-Mayer na coñecida adaptación musical que tiña de protagonista a Judy Garland, lanzado o ano a seguir.

En 1954, cando os dereitos cinematográficos dos trece libros restantes de Baum foron postos a disposición, a Walt Disney Productions adquiriu para o seu uso na serie de televisión de Walt Disney, Disneyland e mais no filme de acción en vivo, Rainbow Road to Oz, que foi desleixado e nunca se rematou. A historia da Disney coa serie Oz continuou en 1985 co filme Return to Oz, que se presentou como unha secuela non oficial do filme de 1939 e que non tivo éxito comercial nin crítico.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Antes de que Sam Raimi fose confirmado para dirixir o filme, os directores Sam Mendes e mais Adam Shankman tamén se interesaron polo mesmo. En xuño de 2011, Danny Elfman foi elixido para compor a banda sonora de ’’Oz: The Great and Powerful’’, aínda que Elfman e Raimi tiveran un altercado sobre Spider-Man 2 (2004) e Elfman declarou que nunca máis volverían a traballar xuntos. O guión foi escrito por Mitchell Kapner e mais David Lindsay-Abaire, con Joe Roth coma produtor. Segundo un reporteiro da Deadline.com, a Disney quería reducir o orzamento de produción do filme arredor de de 200 millóns de dólares. Robert Downey, Jr. era a primeira opción de Raimi para interpretar ao feiticeiro Oz, mais se negou. Johnny Depp, vencellado á Disney pola saga de ‘’Pirates of the Caribbean’’, era a segunda opción do estudio para o rol de Oz. Porén, a finais de febreiro de 2011, James Franco xa estaba en negociacións para interpretar ao mago no filme. É a primeira vez que Franco e Raimi traballaban xuntos despois de remataren Spider-Man 3. Raimi tamén traballara decote con actores que participarán en Oz coma seu irmán Ted Raimi, o seu amigo da nenez Bruce Campbell ou Rachel Weisz que sería finalmente a bruxa do oeste.

Rodaxe[editar | editar a fonte]

A fotografía principal de ‘’Oz: The Great and Powerful’’ comezou en xullo de 2011 en Pontiac, Michigan, empregando cámaras 3D. Raimi optou por mesturar imaxes reais coas xeradas por computador. Contruíronse para isto referencias físicas para que os actores puidesen ter algunha referencia visual no canto de usar a típica tecnoloxía de fondo de pantalla verde. Zack Braff e Joey King estaban no set a gravar á vez os diálogos cos actores, cada vez que os seus personaxes xerados por ordenador estaban presentes nunha escena. Uns monicreques foron empregados para a versión física da nena de porcelana, un dos personaxes principais xerado por computador. A realización foi polo miúdo, seguindo de preto a produción para asegurar a legalidade e as licenzas entes a Disney maila Warner Bros, actuais propietarios do filme de 1939. A diferenza de ‘’Return to Oz’’ (1985), desta volta á Disney non se lle permitiu usar os icónicos zapatos vermellos usados por Judy Garland, nin se lles permitiu usar as semellanzas de carácter preexistentes e as escenografías que foran creadas especificamente para o filme orixinal. Polo tanto, un dos poucos elementos que se respectan son por exemplo o ton verde da pel e o característico queixo da mítica bruxa do Oeste interpretada en 1939 por Margaret Hamilton.

Música[editar | editar a fonte]

O compositor Danny Elfman compuxo a música en só seis semanas, adoptando un enfoque que lembra á musica dos vellos filmes, mais sen ser conscientemente anticuado. O 6 de febreiro de 2013, a Walt Disney Studios revelou que a cantante e compositora estadounidense Mariah Carey gravou unha canción chamada "Almost Home", escrita por ela mesma, coa colaboración de Simone Porter, Justin Gray, Lindsey Ray, Tor Erik Hermansen e Mikkel Eriksen para a banda sonora do filme.

Elenco[editar | editar a fonte]

  • James Franco coma Oscar Diggs / Feiticeiro de Oz;
  • Mila Kunis coma Theodora, a bruxa malvada do Oeste (‘’ The Wicked Witch of the West’’);
  • Rachel Weisz coma Evanora, a bruxa malvada do Leste (‘’ The Wicked Witch of the East’’);
  • Michelle Williams coma Glinda, a meiga (‘’The Good Witch’’) / Annie (moza de Kansas);
  • Zach Braff coma voz na versión inglesa de Finley, o macaco voador (‘’Finley the Flying Monkey‘’) / Frank, o axudante de Oscar no circo;
  • Joey King coma voz na versión inglesa da nena de porcelana (‘’the China Girl’’)/Nena en cadeira de rodas do circo;
  • Tim Holmes coma o forzudo do circo;
  • Bill Cobbs coma o mestre Tinkerer (‘’Master Tinkerer’’);
  • Tony Cox coma Knuck o batería;
  • Abigail Spencer coma May;
  • Bruce Campbell coma o gardián do Condado de Winkie

Posíbel secuela[editar | editar a fonte]

O 7 de marzo de 2013, a revista Variety confirmaba que a Disney xa aprobara o proxecto dunha secuela.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Graser, Marc (7 March 2013). "Disney Planning ‘Oz the Great and Powerful’ Sequel (EXCLUSIVE)". Variety. Consultado o 8 March 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]