O tío Plácido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O tío Plácido
Título orixinalTonton Placide
Autor/aPeyo e Gos
Ilustrador/aPeyo e François Walthéry
OrixeBélxica
Linguafrancés
ColecciónBieito Fendeferro
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia nº 1555 de Spirou
Galicia Editorial Casals
Data de pub.Francia 1968
Galicia 1990
Páxinas64
TraduciónMiguel Vázquez Freire
editar datos en Wikidata ]

O tío Plácido (Tonton Placide en lingua francesa) é a cuarta historia de banda deseñada da serie do personaxe Bieito Fendeferro, creada por Peyo. Apareceu en 1968, entre os números 1555 e 1584 da revista Spirou, e foi publicada como álbum en 1969.

Foi traducido ao galego por Miguel Vázquez Freire, e publicado por Editorial Casals en outubro de 1990.

Trama[editar | editar a fonte]

Bieito Fendeferro vai pasar as vacacións á casa do seu tío Plácido. Este traballa de gardacostas dos servizos secretos, encargado da vixilancia de políticos importantes. O seu superior, o coronel, encárgalle que vixíe o ministro de Finanzas dun país estranxeiro, que vén recoller uns documentos importantes para a impresión de billetes de banco. Plácido protesta porque está tamén de vacacións pero o xefe dille que é unha misión sen risco e que pode levar con el ao cativo, pois trátase simplemente de escoltar ao home até o aeroporto.

Porén, unha banda de ladróns quere roubarlle a maleta ao ministro, e comeza un secuestro e unha persecución, na que Bieito toma parte para axudar ao seu tío.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Bieito Fendeferro
  • O tío Plácido
  • Monsieur Chnick, ministro de Facenda do principado de Fürengrootsbadenschtein.