Erik Gunnar Asplund
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de setembro de 1885 Estocolmo |
| Morte | 20 de outubro de 1940 Estocolmo |
| Lugar de sepultura | Skogskyrkogården, Kvarter 38, Grav 1B (1940–) 59°16′36″N 18°06′00″L / 59.27655, 18.1001 |
| Educación | Real Instituto de Tecnoloxía Academia Real de Artes da Suécia (pt) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Estocolmo |
| Ocupación | arquitecto |
| Período de actividade | 1905 |
| Empregador | Real Instituto de Tecnoloxía |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Hans Asplund |
Erik Gunnar Asplund, nado o 22 de setembro de 1885 e finado o 20 de outubro de 1940, foi un arquitecto sueco, coñecido por ser un dos maiores expoñentes do clasicismo nórdico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Asplund formouse artisticamente na escola romántica sueca. As súas primeiras obras seguen esa orientación que pouco a pouco vai abandonando para crear unha versión moderna e moi persoal do neoclásico.
En 1930 constrúe os pavillóns da Exposición Internacional de Estocolmo, completamente modernos. Naquel ano a arquitectura moderna está representada principalmente polo racionalismo de Alemaña, Países Baixos e Francia. Asplund adopta as formas deste movemento, pero reinterprétao dunha forma persoal, máis libre e espontánea, na liña que pode considerarse de estilo orgánico.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Biblioteca Pública de Estocolmo[1] (1918-1927), modelo para moitas bibliotecas posteriores.
- Ampliación da Casa do concello de Gotemburgo (1934-1937), obra de grande interese xa que resolve o problema estilístico de incorporar unha construción moderna a un edificio antigo.
- Cemiterio do Bosque, deseñado xunto a Sigurd Lewerentz, declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1994.
Imaxes dalgúns edificios do arquitecto
[editar | editar a fonte]- Biblioteca pública de Estocolmo
- Ampliación da casa do concello de Gotemburgo
- Interior da casa do concello de Gotemburgo
- Capela de madeira (Skogskapellet), dentro do Cemiterio do Bosque
- Pavillón Tallum, dentro do Cemiterio do Bosque
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha da Biblioteca de Estocolmo en greatbuildings.com (en inglés).