Northeast Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Florida do Nordés


Localización no estado de Florida

Condados

Baker
Clay
Duval
Nassau
St. Johns
Flagler
Putnam

Maiores cidades

Jacksonville
Fernandina Beach
Yulee
St. Augustine
Palatka
Palm Coast
Jacksonville Beach

Northeast Florida é unha rexión direccional dos Estados Unidos en Florida, situada na costa atlántica de Florida do Norte. Florida do Nordés comprende aos cinco condados que rodean a cidade de Jacksonville: Duval, Baker, Clay, Nassau e Saint Johns (coincidente en gran parte coa Área Metropolitana de Jacksonville) e máis os condados de Putnam e Flagler. Florida do Nordés esténdese pola mesma área que a rexión vernácula de First Coast, aínda que esta non inclúe os condados de Putnam e Flagler.

Historia[editar | editar a fonte]

Historicamente tense a esta área como a primeira zona de Florida colonizada por europeos[1], feito do que se deriva a expresión e denominación First Coast. Juan Ponce de León debeu chegar a esta rexión durante a súa primeira expedición en 1513 e a primeira colonia francesa de Forte Caroline fundouse en 1563 no que hoxe por hoxe é Jacksonville. Ademais, dentro de Florida do Nordés inclúese Saint Augustine, a poboación máis antiga dos Estados Unidos no continente en manterse habitada de xeito continuo desde a súa fundación en 1565[2].

A rexión direccional de Northeast Florida refírese en gran parte á mesma área que First Coast. No estudo de 2007 de Lamme e Oldakowski subliñouse que Northeast Florida xurdiu como unha das seis rexións direccionais comúns, xunto a Florida do Norte, Florida Central, Florida do Sur, Florida do Norte Central e Florida do Suroeste[3]. As fontes suxiren que o termo foi empregado en principio polas partes máis ao nordés do estado, é dicir, os condados de Nassau e Duval[4].

Non obstante, a axencia de desenvolvemento económico do estado, chamada Enterprise Florida, identifica Northeast Florida como unha das oito rexións económicas usadas pola axencia e outras entidades estatais e extra-estatais. Esta denominación inclúe aos cinco condados da área metropolitana de Jacksonville (Duval, Baker, Clay, Nassau e Saint Johns), así como aos condados de Putnam e Flagler, que están máis ao sur[5]. Outras organizacións como o Departamento de Transportes de Florida, a JaxUSA Partnership (o departamento de desenvolvemento rexional de negocios da Cámara de Comercio de Jacksonville) e o Consello Rexional de Florida do Nordés tamén empregan esta denominación[6][7]. De xeito similar, en xuño de 2013 o Estado creou a Comisión de Transporte Rexional de Florida do Nordés, que engloba a todos eses condados[8].

En principio, o nome First Coast emprégase para usos turísticos e de promoción cultural (aínda que moitos floridanos tamén comezan a empregalo como unha denominación de orixe persoal), mentres que o nome Northeast Florida obedece a un criterio máis administrativo. Ademais, os condados de Flagler e Putnam quedan fóra do perímetro de First Coast, o que distingue os devanditos termos xeográficos un doutro. Non obstante, en 2013 o xornal The Florida Times-Union informou que First Coast ás veces se estende tan ao sur como Flager Beach, no Condado de Flagler e que, na mesma área, o condado de Saint John comezara a empregar para si mesmo o nome Historic Coast[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Lamme & Oldakowski 2007, p. 332–333)
  2. (Calnan & 6-11-2012)
  3. (Lamme & Oldakowski 2007, p. 229 e 334-335)
  4. (Lamme & Oldakowski 2007, p. 229)
  5. (Anthony J. Catanese Center 2006, p. 2)
  6. JAXUSA Partnership for Regional Economic Development, ed. (2010). "Northeast Florida". www.jaxusa.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17-05-2013. Consultado o 17-6-2013. 
  7. Northeast Florida Regional Council, ed. (2013). "Regional Information". www.nefrc.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10-06-2015. Consultado o 17-6-2013. 
  8. Hawkins, Carole (14-6-2013). "Gov. Scott signs two transportation bills into law". Jacksonville Business Journal (en inglés). Consultado o 14-6-2013. 
  9. (Dixon & 28-7-2013)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]