Gold Coast, Florida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGold Coast, Florida
Gold Coast (en) Editar o valor em Wikidata

Localización
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
Área estatística metropolitanaRegião Metropolitana do Sul da Flórida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Ao comparar este mapa de Gold Coast coa imaxe superior, vese que a rexión está formada fundamentalmente polo longo conglomerado urbano costeiro do sueste, a Área Metropolitana de Miami.

Gold Coast é unha rexión vernácula dos Estados Unidos do estado de Florida. Localízase na costa atlántica de Florida do Sur, incluíndo as cidades de Miam, Fort Lauderdale e West Palm Beach, aínda que a súa definición cambiou co tempo. É unha das rexións vernáculas floridanas máis coñecidas, facendo referencia o nome ao estilo de vida desenvolvido e luxoso que din que caracteriza á zona.

Historia[editar | editar a fonte]

Gold Coast é unha das varias rexións vernáculas chamadas "Costas" en Florida, incluíndo Space Coast, Treasure Coast, Emerald Coast, Costa Natural, Forgotten Coast, Florida Suncoast e First Coast. Como moitas das outras, semella que tivo a súa orixe no tempo no que a área tivo o seu primeiro gran crecemento[1]. Foi creada na época na que os investigadores Ary Lamme e Raymond Oldakowski fixeron a enquisa de 1982 sobre as rexións vernáculas de Florida, que salientaron que o nome referíase "ao alto custo da vida nesas áreas, así como o supostamente fastoso estilo de vida"[2]. Nese tempo, os enquisados desde Dade County (agora Miami-Dade), na parte sur, a través dos condados de Broward e Palm Beach, ata o condado máis ao norte de Martin, identificaban a súa área co nome de Gold Coast[2].

Unha nova enquisa levada a cabo no 2007 polos mesmos autores demostrou que Gold Coast seguía a ser unha das rexións de Florida mellor coñecidas do Estado, pero viuse reducida fundamentalmente a Miami-Dade e Broward Counties, correspondente á área de Miami-Fort Lauderdale. A xente dos condados de Palm Beach e Martin preferentemente identificaban as súas zonas como parte dunha nova rexión: Treasure Coast, na que tamén estaban os condados de Saint Lucie e Indian River. Lamme e Oldakowski observaron que o Condado de Palm Beach aínda formaba parte de Florida do Sur e da Área Metropolitana de Miami. Suxeriron que as connotacións negativas que acompañaban a Gold Coast e o desexo de distinguir conceptualmente a súa área da de Miami, foi o que quizais motivou a aparición de Treasure Coast.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Lamme & Oldakowski 2007, p. 330–331)
  2. 2,0 2,1 2,2 (Lamme & Oldakowski 2007, p. 331)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamme, Ary J.; Oldakowski, Raymond K. (2007). University of North Carolina Press, ed. "Spinning a New Geography of Vernacular Regional Identity: Florida in the Twenty-First Century". Southeastern Geographer (en inglés) 47 (2). pp. 320–340. doi:10.1353/sgo.2007.0029.