Big Bend, Florida
Big Bend é unha división rexional informal do Estado de Florida, nos Estados Unidos, de tipoloxía vernácula, sen límites oficiais rexistrados. Xeralmente inclúe os condados de Florida Panhandle ao leste do río Apalachiloca. A Costa do Big Bend é a costa pantanosa e sen barreira de illas que se estende ao longo da costa floridana do golfo de México desde o río Ocklockonee ao Caio Anclote.
As ONG que se autodefinen como establecidas no Big Bend a miúdo inclúen os condados de Franklin, Gadsden, Jefferson, Leon, Liberty, Madison, Taylor e Wakulla dentro das súas áreas de traballo[1][2][3]. A principal cidade da rexión é Tallahassee.
A Costa do Big Bend é a costa pantanosa que se estende sobre uns 350 quilómetros desde a desembocadura do río Ocklockonee ao redor da Baía de Apalache e descende a costa oeste da península de Florida ata o Caio Anclote. Este tramo de costa inclúe as costas dos condados de Wakulla, Jefferson, Taylor, Dixie, Levy, Citrus, Hernando e Pasco. A Costa do Big Bend é unha rexión cárstica mergullada, cuberta dunha marisma salina. Inclúe mananciais de auga fresca, arrecifes de ostras e o delta do Río Suwannee. Hai illas de barreira ao oeste do río Oklockonee e ao sur comezando co Caio Anclote, aínda que non hai illas de barreira entre os devanditos puntos. A Costa do Big Bend contén pouco ou nada de area ou barro. A topografía cárstica produciu unha superficie irregular, frecuentemente exposta e cun substrato rochoso. Debido á anchura da plataforma continental adxacente (máis de 150 quilómetros), o baixo gradiente de inclinación da costa (1:5000) e ao feito de ficar ao abrigo dos ventos predominantes das tormentas, a Costa do Big Bend está xeralmente pouco exposta á enerxía das ondas. A costa sofre, iso si, o efecto das mareas de tempestades[4][5][6][7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Big Bend Region". Early Learning Coalition. Florida, Estados Unidos. Arquivado dende o orixinal o 27-06-2011. Consultado o 17-6-2011. (en inglés).
- ↑ "Paralegal Association of Florida, Big Bend Chapter" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25-01-2009. Consultado o 13-12-2014..
- ↑ "Neighboring Counties" (en inglés). United Way of the Big Bend. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2014. Consultado o 13-12-2014..
- ↑ Mattson, Robert A.; Frazer, Thomas K.; Hale, Jason; Blitch, Seth; Ajijevych, Lisa. United States Geological Survey, ed. "Florida Big Bend" (PDF) (en inglés). Consultado o 13-12-2014..
- ↑ USGS (ed.). "A Photo Gallery of Florida's Big Bend Tidal Wetlands". Estados Unidos de América. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2007. Consultado o 25 de decembro de 2015. (en inglés).
- ↑ Confex, ed. (2004). "Status of Knowledge in Florida's Big Bend". GSA. Estados Unidos de América. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 25 de decembro de 2015. (en inglés).
- ↑ Randazzo, Anthony F.; Jones, Douglas S., eds. (1997). The Geology of Florida (en inglés). Gainesville, Florida: University Press of Florida. pp. 4 e 165–66. ISBN 0-8130-1496-4.