Corpo robusto, de contorno fusiforme, coa rexión anterior do tronco notabelmente dilatada; pode alcanzar os 150cm de lonxitude (normalmente, 90cm, e un peso medio de 60kg).
Boca moi grande, coa mandíbula moi prominente e fociño ancho con labios grosos; dentes cónixos, pequenos, dispostos en tres fileiras polo menos, formando bandas anchas.
Coloración do dorso e os flancos é normalmente parda achocolatada, con máis ou menos manchas amarelas, pero pode variar da verde á parda dependendo da estación e da idade. É de verde a azulada durante a súa fase xuvenil. Pode ademais presentar distintas coloracións segundo o seu estado emocional e reprodutor.[1][6][7][8][9]
Distínguese doutras especies parecidas (como a cherna) pola marxe da aleta caudal arredondada de forma convexa, polas bandas laterais claras na cabeza e pola cor tipicamente parda, que é máis gris nas outras especies.
É hermafrodita sucesivo, madurando como femia contra os 5 anos e converténdose en macho contra os 12, aínda que pode facelo desde os 7 anos segundo a situación demográfica do grupo.
A femia transitoria busca ao macho no seu territorio e o espera.
Pode vivir uns 50 anos,[10] observándose un espécime dunha idade máxima de 61 anos.[11])
↑Nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
↑Algúns autores elevan a subfamilia dos epinefelinos á categoría de familia, epinefélidos (Epinephelidae). .
↑Barreiros, J. P. (1995): "Aspectos de comportamento e reprodução do mero Epinephelus marginatus (Lowe, 1834) nos Açores". Departamento de Ciências Agrárias, Universidade dos Açores.
↑Rico M. R. e M. Acha: "Southernmost occurrence of Epinephelus marginatus in the south-west Atlantic"; Journal of Fish Biology63 (6): 1621–1624. Instituto Nacional de Investigación y Desarrollo Pesquero - Universidad Nacional de Mar del Plata, Mar del Plata, Argentina.
↑Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier (2000): Peixos de les Illes Balears. Palma de Mallorca: Editorial Moll. ISBN 84-273-6013-4.
↑Kara, M. H. e Derbal, F. (1998): "Morphometrie, croissance et mortalité du Merou Epinephelus marginatus (Serranidae) des cotes de l'est algerien". Cahiers de Biologie Marine36: 229-237.
↑Reñones & Piñeiro: "Age and growth of the dusky grouper Epinephelus marginatus (Lowe 1834) in an exploited population of the western Mediterranean Sea", Journal of Fish Biology71 (2): 346-362.
Louisy, Patrick (2006): Guida all'identificazione dei pesci marini d'Europa e del Mediterraneo. Milán: Il Castello. ISBN 88-8039-472-X.
Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (II) Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.