Matilde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Matilde Ludovica de Baviera.

Matilde é un nome feminino galego de orixe xermánica. Provén do gótico, derivado de verbas do antigo alto alemán: "mahta" (forza) e "hildr" (batalla); é dicir forte na batalla. O nome Mafalda é unha variante portuguesa de Matilde, provén do francés antigo Mahalt (o son h, inexistente en portugués, foi substituído co f).

Santoral[editar | editar a fonte]

14 de marzo: Santa Matilde (Matilde de Ringelheim), nada en Westfalia contra o ano 895 e finada en Quedlinburg en 968; foi raíña consorte de Francia Orientalis, considerada santa pola Igrexa Católica.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

O nome é actualmente (2008) común nos países escandinavos, aparece entre os 10 nomes máis populares das nenas dinamarquesas, e tamén é moi popular en Noruega, Suecia e Finlandia. A súa popularidade tamén está a aumentar noutros países europeos, incluíndo Francia, Reino Unido e outros países angófonos[1].

No caso de Galicia, o nome é abundante, mais a media de idade do nome é alta (uns 61 anos). O nome grafábase en galego antigo de Mathilde, porén non debeu ser un nome popular na antigüidade posto que ningunha parroquia ten a Santa Matilde coma patroa. Hoxe en día o nome é popular e 2.254 mulleres galegas levan o nome; a variante en desuso Mathilde só a levan 6 mulleres galegas; a variante Matilda lévana 22 galegas[2].

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Persoas[editar | editar a fonte]

Emperatrices e raíñas consortes[editar | editar a fonte]

Princesas e nobres[editar | editar a fonte]

Relixiosas[editar | editar a fonte]

Outras[editar | editar a fonte]

Filmes[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

  • Matilde di Shabran, ópera semiseria (París, 1790) estreada o 24 de febreiro de 1821 no Teatro Apollo de Roma baixo a dirección de Niccolò Paganini.
  • Matilde - Ma' (2013-), banda mexicana.

Localidades[editar | editar a fonte]

  • Matilde, localidade no departamento Las Colonias, provincia de Santa Fe, Arxentina;
  • Plaza Matilde, localidade no departamento Las Colonias, da provincia de Santa Fe, Arxentina.

Obxectos espaciais[editar | editar a fonte]

  • (253) Matilde, asteroide localizado entre as órbitas de Marte e Xúpiter.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Social Security Administration". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2015. 
  2. Instituto Nacional de Estadística

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]