Matilde Bugallal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Matilde Bugallal
Nacemento ?
  Ponteareas
Falecemento 1932
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Matilde Bugallal Rodríguez-Fajardo, Araujo y Codesido, nada en Ponteareas e falecida en 1932 foi a terceira condesa de Bugallal.[Cómpre referencia]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En realidade, era Rodríguez unicamente, pero recuperou o apelido do seu avó Federico Rodríguez Fajardo, descendentes de Alonso Fajardo, quen fora alcalde de Santiago de Compostela a comezos do século XVIII. Filla primoxénita de Gabino Bugallal, herdou o título ao falecer o seu pai. Casada co seu curmán directo, o empresario Luis Usera Bugallal, faleceu uns meses despois de herdar o título, sen descendencia. O seu título herdouno a súa irmá María del Carmen Bugallal.