Saltar ao contido

Mariano Rajoy Sobredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariano Rajoy Sobredo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1921 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Audiencia Provincial de Pontevedra (pt) Traducir
20 de decembro de 1969 – 10 de xaneiro de 1986 – Félix Rodríguez García (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito (–1943) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaxistrado (1958–), xurista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor en Wikidata - 1989 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOlga Brey López (1954–1993) Editar o valor en Wikidata
FillosMariano Rajoy Editar o valor en Wikidata
PaiEnrique Rajoy Leloup Editar o valor en Wikidata
Premios

Dialnet: 1791012 WikiTree: Rajoy-1


Mariano Rajoy Sobredo, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1921 e finado en Madrid o 1 de novembro de 2018[1], foi un xuíz galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Enrique Rajoy Leloup. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1943. Foi xuíz de Primeira instancia en Ordes (1948), Lalín (1949-1953), Piedrahíta (Provincia de Ávila) (1953-1955) e O Carballiño (1955-1958). Ascendido a maxistrado en 1958, foi xuíz en Oviedo, xuíz especial de Vagos e Maleantes de León e presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra dende 1970[2], onde xulgou o suborno do Concello de Vigo no cambio da concesión do transporte urbano dos tranvías aos autobuses da empresa Vitrasa[3] nese ano e o caso Reace en 1974.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Olga Brey López (falecida en 1993) en marzo de 1954[4] e foi pai de Mariano, Enrique, María Mercedes e Luis Rajoy Brey.

  1. "Fallece el padre del expresidente del Gobierno Mariano Rajoy". Agencia Efe (en castelán). 1 de novembro de 2018. 
  2. El Pueblo Gallego, 18-1-1970, p. 14.
  3. Reinero, Davil. Praza Pública, ed. "50 anos do cambio da concesión dos tranvías por buses en Vigo cun suborno e con Rajoy e Conde-Pumpido como xuíz e fiscal". Consultado o 16 de maio de 2018. 
  4. La Noche, 27-3-1954, p. 2