Lei de vagos e maleantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Azaña aprobou en 1933 a Lei

A Lei de vagos e maleantes foi unha lei do código penal español de 4 de agosto de 1933, referente ao tratamento de vagabundos, nómades, proxenetas e calquera outro elemento considerado antisocial e que posteriormente foi modificada para reprimir tamén os homosexuais.[1] Tamén coñecida popularmente como a Gandula, a lei foi aprobada por consenso de todos os grupos políticos da Segunda República para o control de esmoleiros, rufiáns sen oficio coñecido e proxenetas.

Por ser unha lei que non sancionaba delitos senón que tentaba evitar a comisión futura dos mesmos non incluía penas, senón medidas de afastamento, control e retención dos individuos suntuosamente perigosos ata que se determinase que se acabou o seu perigo. Quedando así establecida podía ser utilizada arbitrariamente para a represión das persoas sen recursos.

Modificacións[editar | editar a fonte]

Durante o franquismo modificouse a lei para incluír os homosexuais.

A lei foi modificada polo réxime franquista para incluír a represión dos homosexuais o 15 de xullo de 1954, como segue (modificacións en grosa):[2]

«Artigo primeiro: (...) o número segundo do artigo segundo e o número segundo do artigo sexto da Lei de vagos e maleantes, de catro de agosto de mil novecentos trinta e tres, queda redactados da seguinte forma:

Artigo segundo.- Número segundo.- Os homosexuais, rufiáns e proxenetas. (...).

Artigo sexto.-Número segundo.- Aos homosexuais, rufiáns e proxenetas, aos mendigos profesionais e aos que vivan da mendicidade allea, exploten menores de idade, enfermos ou lisiados, aplicaránselles para que as cumpran todas sucesivamente, as medidas seguintes:
a) Internado nun establecemento de traballo ou colonia agrícola. Os homosexuais sometidos a esta medida de seguridade deberán ser internados en institucións especiais e, en todo caso, con absoluta separación dos demais.
b) Prohibición de residir en determinado lugar ou territorio e obrigación de declarar o seu domicilio.

c) Submisión á vixilancia dos delegados.»

En 1970 foi substituída e derrogada pola Lei sobre perigo e rehabilitación social, de termos moi parecidos, pero que incluía penas de até cinco anos de internamento en cárceres ou manicomios para os homosexuais e demais individuos considerados perigosos sociais para que se rehabilitasen».[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ley relativa a vagos y maleantes." (PDF). Gaceta de Madrid (217): 874–877. 5 de agosto de 1933. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "BOE n° 198, 17 de julio de 1954". BOE. 1954. Consultado o 30 de abril de 2007. 
  3. "Sustitución y derogación en el Boletín oficial del estado español n. 187 de 6/8/1970.". Arquivado dende o orixinal o 11/05/2008. Consultado o 05/09/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]